Besteiro destaca Lugo como “exemplo de unidade” que “xa traballa para construír o partido de abaixo arriba”
– O secretario xeral do PSdeG-PSOE abriu a porta a falar de cambios como unhas primarias nas que sexan os militantes os que elixan o secretario xeral cos seus votos, listas abertas ou debates como a reforma das Deputacións “porque todo se pode falar, pero temos que ter coherencia”
José Ramón Gómez Besteiro comezou o seu primeiro Comité Provincial como secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo expresando o seu “recoñecemento e afecto” ao compañeiro José López Orozco, alcalde de Lugo e presidente do PSdeG. “Igual que pasou nas anteriores ocasións, e así quedou demostrado, cremos na túa inocencia”, afirmou. Gómez Besteiro destacou que “empeza unha carreira de fondo” e “son tempos de facer partido e construílo de abaixo cara arriba”. Antes, recoñeceu rotundamente que “o PSdeG perdeu as eleccións, e iso fixo que as gañase o PP”. O secretario xeral lucense puxo Lugo como “exemplo de unidade” que “o diferencia”, e destacou que o partido na provincia “xa está traballando desde o primeiro día despois das leccións” nos que houbo “unha inmediata acción”. “Percorremos todas as comarcas para debater, escoitar, e abrir un novo modelo” de partido.
“Estamos xuntos, temos a diagnose feita en común, e contamos con todos para atopar a mellor saída. Se non é unidos, non será. Xa volo dixen neste mesmo lugar hai apenas seis meses. Só non quero e só non podo”, dixo. Na análise dos datos, fixo fincapé en que só o 58% dos que votaron o PSdeG en 2009 volvérono facer este ano, e explicou que os que non o fixeron “maioritariamente refuxiáronse na abstención e, en menor medida, e en zonas urbanas, deron o seu voto prestado” a outras formacións minoritarias de esquerda. “Dito con outras palabras, a gran maioría destes votantes quedaron na casa. Depende de nós que lles ofrezamos algo distinto para recuperar o seu apoio. Pero tamén vos digo, a nosa identidade non a atoparemos mirándonos o ombligo”, asegurou.
No referente ás causas dos resultados, destacou “unha falta de credibilidade derivada da acción política e tamén das personas” e “un deterioro” do modelo social. “Hai maior debilidade dos partidos en xeral pero, en particular, afecta á esquerda. A liña de acción neoliberal busca continuamente a confrontación cos partidos e os sindicatos. Tamén nacen novas formas de organización social en evolución como, por exemplo, o 15M, que queremos ter moi presentes”, asegurou.
Besteiro puxo sobre a mesa as ideas que lle transmitiron os militantes e membros do partido en todas as comarcas, e destacou a necesidade de reflexionar sobre “o modelo de sociedade e de partido”. Así, puxo en valor a “importancia da política”, que “só ten unha alternativa: a ditadura”, e animou a discutir sobre a socialdemocracia, un sistema tributario máis xusto, un Estado de Benestar real e adaptado á nova sociedade, ou “os incentivos públicos, canto tempo fai que non falamos sobre isto?”.
Ademais, abriu a porta a tratar temas como se o partido aposta ou non pola fusión de concellos, a remodelación do Senado ou a reforma das Deputacións. “Estou aberto tamén a ese debate”, afirmou.
No referente ao partido, destacou que hai que abrir a posibilidade de “unhas primarias nas que o secretario xeral sexa elixido polos militantes” e de discutir se o partido quere bicefalia ou que o secretario xeral sexa tamén o candidato á Xunta. Animou ademais á “participación a través de novas canles” para “non ir detrás da sociedade, senón arranxar os seus problemas”, e a non ter medo a novos debates como “as listas abertas”.
Chamou tamén á “coherencia” cando o socialismo chega ao goberno e detscou que “os principios fundamentais do PSOE seguen moi vixentes, e son pensar en cales son as necesidades da xente”. Besteiro afirmou que “non hai nada que non se poida discutir e cambiar, cun debate sosegado pero efectivo e dacordo cos principios socialistas” e “sen esuqecer que estamos en Galicia”.
“Temos que facerlle ver á xente que hai outro xeito de facer as cousas, que non cale neles o discurso da resignación e do hai que sufrir para mellorar que a dereita quere meterlles na cabeza. Hai prioridades. Hai ideoloxía. Non, non somos o mesmo”, asegurou.
“Dicíavos ao principio que esta vai ser unha carreira de fondo. Non vai ser rápido nin fácil. Agardo que me axudedes”, transmitiulles aos compañeiros e compañeiras, e destacou que “Lugo xa está a traballar desde hoxe e xa estará preparado cando chegue o debate autonómico e federal”
Besteiro rematou “non cunha frase de Krugman” senón dun membro do partido en Lugo, Lino de Pol: “non hai mellor política que a que se fai todos os días”, dixo. “Agora é momento de escoitar o que tedes que dicirnos e actuar en consecuencia”, concluíu antes dunha vintena de intervencións e diante dunhas 150 persoas entre delegados e convidados.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



