Loita contra o cambio climático: A Xunta, entre a inacción e a propaganda
30 de novembro de 2012. Entre o 26 de novembro e o 7 de decembro celébrase en Doha (Catar) a XVIII conferenza das partes (COP18) para establecer (ou non) os compromisos do vindeiro periodo do protocolo de Quioto que comeza en 2013. Poucos días antes do inicio da conferenza, a Xunta facía pública a súa intención de “conxelar” mesmo denantes de apresentalo, o seu Plano de Acción contra o Cambio Climático 2011-2020 e sometelo a revisión, coa excusa da crise. Iso sí, a Xunta aproveitou a ocasión para apresentar un “informe” sobre o cambio climático en Galiza, un corta-apega de datos e conclusións de investigacións xa coñecidas, adubado coa correspondente propaganda en formato ristra de actuacións do máis heteroxéneo. Exemplo: Un estudo (9440€) para coñecer o impacto do cambio climático… nos vellos e vellas das residencias! Iso sí, de facer algo por reducir as emisións das térmicas galegas, verdadeiras fábricas de cambio climático e que supoñen o gordo das emisións… CERO.
Neste I Informe sobre o Cambio Climático en Galiza, amáis de facer inventario dos datos de emisóns durante os últimos anos dos sectores regulados por Quioto (industrias) e dos difusos (transporte e domicilios), por certo con informacións maioritariamente achegadas polo Ministerio aos que calquera pode acceder na rede, chama a atencción algún sonado esquecemento. Por exemplo, a ausenza de datos de 2011, ano no que voltaron a aumentar as emisións en Galiza, fundamentalmente debido ás térmicas e ao transporte. Este esquecemento vén moi ben á Xunta para “vender” a redución nun 6,74% das emisións en 2010 con respeito a 1990 como se fora froito das súas políticas e non da crise. Aliás, a información sobre as emisións de GEIs (gases de efeito invernadoiro) de Galiza neste periodo preséntanse por sector e non desagregadas por complexo, como sí acontece coas asignacións. Deste xeito, podemos coñecer o límite máximo de GEIs que podía emitir cada industria, con nomes e apelidos, pero non verificar si o cumpríu ou non! Casualidade?
E polo que atinxe ás actuacións, a terceira parte do “informe” debruza unha ristra de actuacións do máis variopinto levadas a cabo pola administración para supostamente combater o cambio climático, acompañadas do correspondente investimento (35,1 millóns de € en 2011). Deste xeito e sen ter planificado nada específicamente destinado a combater o cambio climático, xa que o documento marco -Plano de Acción- está paralisado pola Xunta, a administración “vende” unha serie de medidas heteroxéneas froito doutras planificacións (conservación, infraestruturas, administración…) que asegura “orientadas” a loitar contra o cambio climático.
Analisando estas 84 “medidas” por un importe conxunto de 35,1 millóns de € e peneirando aquelas que non teñen relación directa coa loita contra o cambio climático, suprimindo os investimentos non executados, e deducindo aqueles cartos achegados pola UE, temos que o montante total adicado á loita contra o cambio climático pola Xunta son apenas 13 millóns de €, maioritariamente achegados polo INEGA para promover o aforro e a eficiencia a nível doméstico (placas solares, caldeiras de biomasa, illamento, plano “Renove” de electrodomésticos, etc). A conclusión: para a Xunta, a loita contra o cambio climático é responsabilidade da cidadanía. De actuar contra as emisións das térmicas, as responsábeis de que sigamos tento as taxas máis altas de emisión de gases por habitante de Europa… Nada. CERO euros.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



