5 de novembro de 2012. Nos montes de A Balsa, concello de Muras (Lugo) en plena Serra do Xistral, unha recente plantación de piñeiros vén de afectar a máis de 10 hectáreas de hábitats protexidos. Trátase de hábitats de interese prioritario (tiurbeiras e matogueiras húmidas) e varios de interese comunitario en pleno LIC do Xistral, que deberían de gozar do máximo nivel de protección, e que agora fican derramados e substituidos por monocultivos de piñeiro. Lamentablemente non se trata dun caso illado, xa que no Xistral prosperan numerosas plantacións de piñeiro e eucalipto inexplicabelmente autorizadas pola Xunta, que engaden o seu impacto aos máis de 100 km de pistas dos parques eólicos presentes nesta serra. Curiosamente o Plano Director da Rede Natura presentado pola Xunta esixe unha avaliación de impacto cando se prevea unha “afección significativa” á Rede Natura: E destruir os nosos hábitats máis valiosos non é suficientementre “significativo” para Hernández e Borregón?
Entre os hábitats afectados atópanse o de interese prioritario 7110* (turbeiras altas activas), o hábitat de interese comunitario 7140 (turbeiras de transición) e o hábitat comunitario 7150 (depresións sobre substratos turbosos con vexetación pioneira colonizadora)., todos formando parte dun conxunto de moi elevado valor ecolóxico dado o seu grado de naturalidade e escasa alteración. Estimamos que a parte afectada directamente pola plantación é dunhas 1,5 ha descontinuas destruídas total ou parcialmente, cun impacto de severo a crítico con respecto á integridade da estrutura do conxunto pola posible afectación á dinámica hídrica dos vasos ou turbeiras que conforman a a parte máis baixa desta unidade.
Tamén resultaron afectados outros dous hábitats de matogueira, o de interese prioritario 4020* (matogueiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix) e o de interese comunitario 4030 (matogueiras secas europeas). Consideramos que os danos supoñen a afectación severa, con destrución e levantamento de toda a cobertura vexetal de matogueira, polo desbrozado mecanizad, acompañado do roturado das liñas de plantación, e que afectan entorno a 11 ha en continuo. Tamén resultou afectado o hábitat forestal de interese comunitario 9230 (carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica) no seu borde exterior e de expansión en case 0,5 ha lineais.
Nos últimos anos estas e outras prácticas agresivas xeralizáronse dentro deste espazo, pero tamén noutros lugares de interese comunitario (Costa da Morte, Careón, Courel, Ancares, Candán, Cando, Macizo Central…) e nunha lista máis longa. Resulta paradoxal que algunhas destas plantacións estean mesmo financiadas con fondos europeos, polo que finalmente a Xunta fai un gasto dobre e contraposto ao obxectivo destes fondos, pois por un lado detrae de axudas que deberían ir destinadas á conservación da Rede Natura 2000, e por outro destina os cartos á iniciativas que destrúen os valores naturais desta Rede. Cómpre lembrar que estas prácticas espúreas, caso das axudas a repoboacións na Costa da Morte sobre os cantís con matogueira atlántica entre Cuño e Viseo, no concello de Muxía, están sendo investigadas xudicialmente por fraude xudicial por fraude.
Cómpre lembrar que o pomposo e inútil Plano Director da Rede Natura 2000 presentado pola Xunta establece que as novas plantacións sobre humidais e matogueiras están suxeitas a autorización, e deben ser sometidas a Avaliación de Impacto Ambiental cando poidan xerar unha “afección significativa” sobre os hábitats protexidos. Está claro que neste caso, e ao igual que cos desbroces con maquinaria pesada sobre humidais e dunas fixas, a Dirección Xeral de Conservación non considera “afección sihnificativa” a destrución dos hábitats con maior grao de protección na lexislación europea e estatal. Non nos estrana, pois a Xunta chegou a regulamentar adminstrativamente estas prácticas agresivas mediante instrucións técnicas ocultas e manifestamente ilegais, que permiten a progresiva e silandeira a “demolición controlada” do noso patrimonio natural máis valioso.
ADEGA solicita da Dirección Xeral da Conservación da Natureza que paralice de inmediato os traballos de forestación no Xistral, e que informe sobre se estas actuacións contan coas autorizacións preceitivas, cais son os fundamentos normativos e administrativos nos que se basean, quenes foron os responsábeis técnicos e os seus superiores xerárquicos, e se as prácticas denunciadas contan con axudas da administración procedentes de fondos europeos. Dende ADEGA trasladaremos denuncia á Comisión Europea para que investigue estes feitos e a implicación da Xunta neste flagrante incumprimento da Directiva 92/43CEE de Hábitats.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



