VEIGA ACUSA Á XUNTA DE PRETENDER DEIXAR DE PRESTAR SERVIZOS MUNICIPAIS COA SINTAURA DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN PROPOSTO ÁS DEPUTACIÓNS
Vicepresidencia seguirá apostando pola creación de oportunidades laborais a través de talleres de emprego dirixidos aos colectivos máis vulnerábeis
“A pesar de que o paro acada máximos históricos, os gobernos galego e estatal reducen o orzamento dedicado ao fomento de emprego e aos programas de desenvolvemento local incentivando aínda máis a destrución de postos de traballo”
Lugo, 5 de novembro de 2012. O vicepresidente da Deputación e delegado provincial de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, acusou, esta mañá, aos gobernos autonómico e central de “desmantelar os servizos de emprego ao reducir o orzamento dedicado ás políticas activas de emprego en máis dun 34 por cento para 2013, a pesar de que se están a rexistrar as taxas de parados máis altas de España, de Galiza e de Lugo”.
Para Veiga “o principal reto debe ser a reinserción dos desempregados e iso require incrementar o investimento en políticas activas de emprego cuxos eixos sexan o reciclaxe profesional e a posta en marcha de programas específicos de orientación e formación, o cal non se consegue reducindo o orzamento que debera servir para frear a sangría do paro que, no último mes, só na provincia de Lugo, creceu un 4,8 por cento, o que supón máis de 1.000 novos desempregados”.
“Este desprezo ás políticas activas de emprego –precisou- non é unha novidade, xa que, durante a última campaña electoral, a conselleira de Traballo en funcións, Beatriz Mato afirmou que estas políticas non serven para nada. É inadmisíbel que os gobernos da Xunta e do Estado presuman de controlar o déficit público mentres aproban todo tipo de medidas cuxa única consecuencia é a destrución de máis postos de traballo”.
Pola contra, o vicepresidente da Deputación remarcou que a “institución provincial seguirá apostando pola formación a través dos talleres de emprego dirixidos aos colectivos máis vulnerábeis, como o das mulleres, e apoiando a contratación de axentes de orientación laboral por parte de asociacións de persoas con capacidades diferentes como vén facendo nos últimos anos”.
Trampas da Xunta de Galiza
As zonas máis afectadas polos recortes do Partido Popular son os pequenos municipios, xa que os fondos para proxectos de desenvolvemento local reducíronse un 96 por cento, colapsando os plans de cooperación municipal, eixo básico para a prestación de servizos públicos.
Neste senso, Antonio Veiga insistiu en que “o protocolo de colaboración que, o pasado mes de xuño, a Xunta de Galiza plantexou asinar coas catro deputacións galegas para eliminar duplicidades, fortalecer a xestión conxunta e optimizar a prestación dos servizos públicos era un engano semellante ao do Servizo de Axuda no Fogar básico co que deixou sen servizo a todos os concellos menores de 20.000 habitantes ao retirar toda a partida orzamentaria e cargando co custe do servizo a usuarios, concellos e deputacións”.
“Estamos convencidos –rematou o vicepresidente – que o Goberno galego pretendía a mesma xogada en materia de emprego; retirar as axudas e que concellos e deputacións asuman o fomento do emprego e custe dos promotores de emprego”.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



