Burela, 13 de outubro de 2026. A Asociación Esperanza de loita contra o cancro celebrará diversas actividades nos vindeiros días para conmemorar o Día Mundial de Loita contra o Cancro de Mama.
V Xornada Escolar de Sensibilización e Prevención do Cancro
A Xornada Escolar de sensibilización e prevención do cancro, que chega este ano á súa quinta edición, está dirixida ao alumnado de sexto de primaria dos dous CEIP da localidade, Os Castros e Vista Alegre. O obxectivo é sensibilizar a poboación escolar sobre a importancia da prevención e dar a coñecer os efectos que esta enfermidade ten nas persoas, nas familias e na sociedade.
A actividade terá lugar na Praza de Abastos o venres 16, entre as 09:15 e as 13:15 horas. Participarán como poñentes varios médicos residentes do Hospital Público da Mariña —Domingos Mada, Pedro Antonio Guijarro, Samuel Novoa, Sharon Nicole Montoya, Javier Lizardo Castillo, Héctor Daniel Dalmau, Shelby Diorella Pérez e Daniel Estaban Mejía— xunto co enfermeiro de atención primaria Juan Lorenzo.
Mesas informativas
O xoves 15, Esperanza instalará mesas informativas sobre o cancro de mama no Hospital e no Centro de Saúde. O obxectivo é achegar información á veciñanza sobre a importancia da implicación social na loita contra o cancro, a minimización dos seus efectos e o labor que desenvolve a asociación.
FADEMUR
Ese mesmo día, Esperanza participará nos actos organizados por FADEMUR (Federación de Mulleres Rurais) no Pazo de Feiras de Lugo con motivo do Día da Muller Rural. A asociación expresa o seu agradecemento pola invitación e confía en que este encontro sexa o primeiro paso para establecer un marco de colaboración que permita reforzar a sensibilización social contra o cancro.
Paseos Saudables de GAIA
A Aula de Educación Ambiental GAIA, dependente do Concello de Burela, organiza cada venres os Paseos Saudables, entre as 10:00 e as 12:00 horas. Esperanza participará na sesión do venres 23, co fin de divulgar unha actividade sinxela pero de gran importancia na prevención e tratamento do cancro.
Doazón a GEICAM
Nestes días, Esperanza fará entrega dunha doazón de 1.500 euros a GEICAM (Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama). A asociación destaca o relevante traballo que este grupo está a desenvolver e reafirma o seu compromiso en seguir colaborando economicamente, tal e como vén facendo nos últimos anos.




















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



