Laura Blanco de la Barrera é de Foz, é poeta e vén de publicar o poemario Doenças dum Espelho en Edicións Corsarias. Librería Bahía organiza un acto encol desta obra. A palabra da autora, a música da cantante galego-palestina Najla Shami e as imaxes da obra de Celso Dourado que ilustran o libro serán as protagonistas. Conducirá o acto a xornalista Comba Campoy e contaremos coa presenza do editor do libro, Pepe Arias. O acto terá lugar no Cenima de Foz, o venres día 16 de novembro, ás 20.30 h da noite






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



