Unifoz , quere manifestar unha vez máis o fraude que este goberno do PP de Foz está sendo para os veciños de forma particular en incumprimentos de compromisos políticos.
Na campaña electoral nos prometeron un SUPER-PORTO , e agora nin nos queren ensinar o mine- estudo que fixo Portos de Galicia,,, como si agora non interesara xa.
Dende fai case dous anos, nos están anunciando en determinadas datas un dragado para o Porto, e ao día de hoxe aínda non sabemos cando será realidade.
Dende a campaña electoral das pasadas eleccións municipais e elección tras elección nos anuncian a inminente construción de beirarrúas en Cangas (crta Ferreira), e ao día de hoxe aínda non empezaron.
Para a Residencia de Maiores, prometida na Campaña electoral, fixeron un estudio, que ao final foi un informe urbanístico, fixeron un anteproxecto do proxecto, cando anunciaran o proxecto, e agora anuncian o proxecto, e seguiran anunciando, anunciando…
Na propia campaña electoral pasada, inician unhas obras no porto de Foz, para construír un paseo de madeira, e resulta que días máis tarde, para a obra por que non hai madeira….co o único interese de influír politicamente nos veciños.
Segue dicindo aos veciños que non hai cartos, e con cinco xardineiros en plantilla , segue gastando cartos con empresas externas para xardiñeria….
Este goberno do PP de Foz, é : apagar luces, recortar servizos, eliminar actos e servizos, dicir unha cousas pola mañá e outra pola tarde, subir impostos,,,e todo isto recuberto cunha aparente sorriso.