Este nadal consume ecolóxico, local, xusto e galego
Compostela, Nadal de 2012. Dende hai algúns anos, ADEGA desenvolve nestas datas campañas relacionadas con diversos aspectos do Nadal. “Neste Nadal… os meus agasallos sen pilas”,“Carta das raíñas magas”ou “Por un Nadal máis ecolóxico” foron algunhas das iniciativas que invitaban a reflexionar sobre a importancia da contención do consumo nestas datas. Animamos á cidadanía neste 2012 a afrontar as festas e o vindeiro ano con espírito ecoloxista. Malia á crise, as previsións de consumo nestas datas non son moi diferentes ás de outros anos,mais o realmente certo é que o ecosistema Terra si está en crise dende hai tempo. Non podemos sacrificar o ambiente en prol dun progreso consumista e espoliador. Outra maneira de vivir é precisa se queremos conservar a riqueza común que é a biodiversidade.
A celebración do solsticio de inverno ou da festa relixiosa converteuse para a maioría nunha festa do consumismo. Na sociedade actual somos representados como cidadáns consumistas, que en decembro exaltamos esta faceta de xeito que este podería ser tamén o “mes do orgullo consumista”. No entanto, cada vez somos máis os que nos opoñemos a esta esquizofrenia das compras superfluas.
Probablemente, a crise económica contribúa a reducir o impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos naturais. Constátase un gasto de enerxía superior ao necesario, unha produción de residuos esaxerada, o aumento do uso do transporte privado, o incremento de emisións de efecto invernadoiro e da contaminación en xeral. Son estes os síntomas dunha sociedade en perigo.
Eis algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural.
– Na nosa mesa mellor produtos locais e de tempada, sen esaxerar en cantidade para non ter que tirar despois a comida. Evita aqueles alimentos que percorreron moitos quilómetros até o noso prato procedentes de monocultivos en zonas taladas de bosque tropical, como son as ananás, ou ben de ecosistemas fráxiles, como o caso da cría de lagostinos nos manglesais ou capturados con pesca de arrastre. Innova este ano e muda de menú, compra produtos ecolóxicos, de pesca artesanal e de comercio xusto.
– Consume produtos galegos e etiquetados en galego. O consumo de alimentos, artesanía, etc. feitos en Galiza, por pequenas empresas, e de xeito artesán, contribúe a reducir emisións e inviste nos teus veciños e veciñas máis próximos.
– Non espolies o monte, evita arrincar seres vivos para os adornos naturais. Especies como o acivro ou a xilbardeira (ruscus) foron comunmente arrincados para este fin. Mellor que eles fiquen no medio natural e nós lle botemos imaxinación á hora de engalanar a casa por exemplo con materiais reciclados.
– De agasallar mascotas (mellor en adopción procedentes dun refuxio de animais) ou plantas, ten en conta que a persoa á que vai destinada será a responsábel de coidala axeitadamente todo o ano. Poderá?… Con todo, procura evitar agasallos de animais ou plantas exóticas porque poden provir de ecosistemas en perigo. Ademais, a súa liberación fortuíta ou ben intencionada no noso ambiente pode causar graves danos á biodiversidade autóctona.
– Se precisas mercar ou agasallar cousas de países lonxanos lémbrate das entidades galegas que desenvolven iniciativas de comercio xusto.
– Finalmente, unha boa idea para agasallar nestas festas sempre é facerte/lle socio/a de ADEGA. Agasalla compromiso co patrimonio natural e cultural de Galiza e contribúe a manter viva unha loita de máis de 36 anos.
E lembra, consume sen consumirte





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



