A Deputación de Lugo acolle unha nova xornada de formación en técnicas para a busca de traballo e autoemprego
– O Salón de Actos de San Marcos acolle este luns “Formación para o emprego”, a 2ª das sesións coas que se pecha o I Pacto Provincial polo Emprego tras o éxito da celebrada a pasada semana
– Haberá unha ponencia a cargo dunha experta en orientación laboral e proxectos europeos e unha mesa redonda con representantes dalgunhas das entidades e asociacións que impartiron a formación do Pacto. Ó remate terá lugar a entrega de diplomas ós lucenses da zona centro que participaron no programa provincial de emprego
– Os interesados en participar nesta xornada e nas que terán lugar os días 4 e 5 de decembro en Monforte e Viveiro aínda poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.org, na que poderán atopar información sobre as actividades programadas
A Deputación de Lugo continúa cos actos de peche do I Pacto Provincial polo Emprego, programa impulsado para fomentar a inserción laboral na provincia que, cun 80% de financiamento con fondos europeos, permitiu a creación de máis de 100 postos de traballo en xacementos de emprego da provincia. Isto foi posible coa formación teórica e as prácticas laborais ás que, a custe cero, puideron acceder centos de desempregados lucenses.
Tras a excelente acollida que tivo a sesión celebrada a pasada semana no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, que se quedou pequeno para acoller a un gran número de asistentes interesados nos temas abordados -as oportunidades laborais que ofrece o sector dos chamados “empregos verdes”, as axudas á creación de emprego do Fondo Social Europeo ou a orientación laboral e motivación para a busca de emprego-, nesta ocasión serán as ferramentas na busca de traballo e o autoemprego o eixe central das actividades previstas.
Formación para o emprego
A xornada dará comezo ás 10:30 horas, coa intervención dunha experta en Fondos Europeos e xestión e dirección de Pemes e cooperativas, que compartirá cos asistentes os seus coñecementos en cuestións coma a utilidade das ferramentas oficiais en Rede para a busca de emprego; cales son as principais vías para acceder á formación e obtención de certificados de profesionalidade ou como o autoemprego pode ser unha saída laboral. A continuación celebrarase unha mesa redonda, moderada polo xornalista Javier Rivera, na que participarán responsables dalgunhas das entidades e asociacións que se encargaron de impartir a formación do I Pacto Provincial polo Emprego, coma Cogami, Cruz Vermella ou a Fundación Laboral da Construción.
Ó remate da xornada, o Presidente da Deputación participará no acto de clausura durante ó que fará entrega dos diplomas acreditativos ós lucenses da zona centro que tomaron parte nesta primeira fase do Pacto.
Próximas xornadas
As actividades continuarán os días 4 e 5 de decembro, coas xornadas que se celebrarán nas localidades de Monforte de Lemos e Viveiro. Esta programación gratuíta posta en marcha pola institución provincial está dirixida tanto a Axentes de Desenvolvemento Local ou técnicos de emprego coma os propios participantes do Pacto Provincial polo Emprego, así coma a desempregados e público en xeral. Os interesados en participar tan só teñen que cumprimentar o formulario de inscrición que poderán atopar, xunto con toda a información necesaria, na web www.deputacionlugo.org























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



