Máxima satisfacción dos populares pola resolución positiva dun conflito que afectaba á primeira empresa da provincia de Lugo e ao motor económico, social e laboral da Mariña lucense
BALSEIRO MOI ORGULLOSO CO TRABALLO DO MINISTERIO DE INDUSTRIA E DO PRESIDENTE DA XUNTA QUE FIXO POSIBLE A PUBLICACIÓN HOXE DA NORMATIVA QUE GARANTE UNHA TARIFA ELÉCTRICA COMPETITIVA PARA ALCOA
• Unha vez máis o Partido Popular actúa para resolver un problema xerado polo PSOE cando deixou
Mariña lucense 29 de decembro de 2012.- O deputado popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro amosou a “enorme satisfacción” dos populares galegos logo de coñecerse a “moi boa nova” da publicación hoxe da normativa que garante unha tarifa eléctrica competitiva para Alcoa
Balseiro quixo agradecer “de todo corazón” e salientar a “implicación e especial sensibilidade” do Ministerio de Industria e do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que desenvolveron un traballo constante e decidido dirixido a acadar esta prezo da enerxía competitivo e con el a facer posible o mantemento dos postos de traballo e a permanencia da factoría na comarca costeira de Lugo.
“Sen lugar a dúbidas é a mellor noticia coa que puidemos pechar o ano 2012. Saber que Alcoa ten futuro, que fomos quen de conseguir unha solución que proporciona estabilidade a longo prazo para a permanencia da fábrica e o mantemento dos seus postos de traballo. Estamos felices polos nosos veciños e polo futuro desta comarca”-dixo Balseiro
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe, a tres días do remate do ano, a Orde Ministerial que regulamenta o servizo de xestión da interrumpibilidade para as empresas grandes consumidores de enerxía. Este concepto tan técnico implica o establecemento do marco normativo preciso para manter o actual prezo da enerxía a empresas grandes consumidores de enerxía como Alcoa e, polo tanto, responde ás demandas da propia dirección da empresa e dos traballadores para garantir a súa competitividade e futuro.
ANUNCIO DO PRESIDENTE DA XUNTA
Balseiro lembra que a Xunta considerou á factoría de Alcoa na Mariña unha peza fundamental para a economía da comarca e do conxunto da provincia de Lugo, e por este motivo, produciuse un compromiso máximo por parte do Executivo galego para a supervivencia desta empresa. Foi o propio Presidente da Xunta quen nun acto político en Foz confirmou a redacción desta orde que tras pasar por un complicado proceso administrativo veu a luz hoxe no Boletín Oficial do Estado.
A multinacional do aluminio ten nestes momentos, 1.700 traballadores na fábrica de San Cibrao (Cervo), entre postos de traballo directos e indirectos, e 700 na fábrica da Coruña. Ambas factorías recibiron por primeira vez na súa historia a visita do Ministro de Industria, José Manuel Soria, quen se comprometeu a aprobar esta normativa.
ORGULLO POLO TRABALLO BEN FEITO
Balseiro amosou o seu orgullo polo traballo feito desde a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria e pola implicación social dunha comarca que se volcou coa súa principal empresa, motor económico, social e laboral da Mariña e do conxunto da provincia. Concluíu salientando o feito de que “unha vez máis o Partido Popular actúa para resolver un problema xerado polo PSOE cando deixou a deber 24.000 millóns de euros en enerxía e puxo en risco o futuro destas compañías. Uns malos augurios que hoxe xa son un mal recordo”