Deputación e Fundación Campus ofrecen 12 becas a persoal da administración local de Lugo para o Máster Paulo Fabio
– As bolsas, que son de 1.000 euros cada una e cobren o 35% do prezo do máster, pódense solicitar ata 31 de decembro na secretaría de Relacións Laborais
– Estes traballadores deben acreditar, ademais, a posesión dun título universitario ou estar cursando o último ano dos seus estudos superiores para optar a unha das becas
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo, Mario Outeiro, a Directora de Relacións Laborais, Mercedes Montes Rodríguez, e o responsable de formación da empresa E-scola, Guillermo Álvarez de Neira, asinaron este mércores un convenio de colaboración para a concesión de 12 becas, por un valor de 1.000 euros cada unha, co obxecto de cursar a oitava edición do Máster Paulo Fabio.
Trátase do curso de especialización que a escola universitaria de Relacións Laborais ofrece agora a traballadores da administración local de Lugo co fin de difundir o coñecemento das técnicas más avanzadas en xestión de persoal e das habilidades necesarias para o mellor desempeño profesional. O prezo do máster é de 2.850 euros polo que as becas que ofrecen ditas institucións cobren o 35% do seu custe.
O interesados nesta iniciativa deben acreditar, ademais da súa condición de empregado da Administración Local de Lugo, estar en posesión dun título universitario ou estar cursando o último ano dos seus estudos superiores.
O prazo de solicitude das becas está aberto ata o 31 de decembro na secretaria da escola de Relacións Laborales. Tamén se pode reservar unha praza de xeito on line en www.relacioneslaboraleslugo.com.
As clases arrincarán en xaneiro e prolongaranse ata decembro, ocupando un total de 700 horas lectivas, que se desenvolverán todos os venres dende as 16:00 ás 21:00 horas en Relacións Laborais.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



