Goleadas dos equipos base do C.D.Foz esta fin de semana. Os dous equipos que compiten nestas datas, xa que os Xuvenís descansan ata o vindeiro ano, golearon os seus rivais. Así os INFANTÍS da liga galega confundiron o Negreira ao que lle endosaron un contundente 10-1. A maior goleada dos pupilos de Burunda dende que comenzou a liga ante quizais o rival mais frouxo ao que se enfrontaron ata agora. Antón(3), Iñaki(2), Fran(2), Roi , Brais e un en propia porta foron os goleadores.Pola súa parte os CADETES gañaron o domingo á Ferroviaria no Municipal de Malates por 4-1, nun partido feo e con moito frío. Os de Oke seguen lideres imbatidos con doce vitorias en outros tantos partidos, e xa lle sacan seis puntos ao segundo clasificado. O vindeiro sábado xogan en Sarria as catro da tarde en partido adiantado, xa que se corresponde á xornada que terían que xogar o día 6 de xaneiro (reis). A seguir así e sempre Aupa Foz, Aupa.
