Os alumnos de 6º A e 6º B do CEIP Virxe do Carme acompañados das
monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia realizaron unha
ruta por Burela seguindo o seu pasado histórico e legado artístico.
A actividade empezou cunha introducción sobre a zona de Chao do Castro
donde se atopou o Torques e a súa localización nun mapa de Burela.
O Pazo de Vilar situado en Vilar e a Igrexa da Vila do Medio situada na
Vila do Medio para ver as pinturas do Século XVI,e a Casa Torre para
ver o Escudo de Armas foron algunhas das paradas obligatorias desta
ruta sin contar coas fontes e cos hórreos da zona. Segundo explican desde
a Concellería de Medio Ambiente de Burela “a través destas actividades
preténdese dar a coñecer ao alumnado o noso entorno natural máis próximo
reflexionando sobre o patrimonio histórico do noso ppobo.
Mañá martes, 4 de decembro, as monitoras desprazaránse ao CEIP Vista Alegre e impartirán a
charla Seguridade Infantil. Os mais pequenos de 3,4 e 5 anos a
través dunha pequena introducción a modo de debuxos poderán
percatarse dos ricos que poden sufrir ante determinadas conductas.
“Eso non se toca é a frase que a monitora recalcará frente a
determinados riscos no noso fogar (obxetos quentes, enchufes,elementos
de pequenas dimensións,ventanas,etc)”, engaden desde Medio Ambiente.






















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



