O GRUPO DE TEATRO POSTO EN MARCHA POLO COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO ESTREA O VINDEIRO VENRES OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE.
A representación, dirixida por Comba Campoy e Ramón Casas, terá lugar o venres 4 de xaneiro ás 21 horas no pavillón de San Miguel de Reinante.
Barreiros, 30 de decembro de 2012. Despois de meses ensaiando, o grupo de teatro posto en marcha en Barreiros a iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao subirá o pano do teatro o vindeiro venres coa montaxe do clásico do teatro galego Os vellos non deben namorarse, de Castelao. Nesta ocasión, para a reinterpretación que levarán a cabo este grupo de afeccionadas e afeccionados ao teatro, contaron coa inestimabel axuda na dirección da actriz Comba Campoy e Ramón Casas.
Desde Ollomao, a Presidenta Tamara Rubiños Varela sinala que “este proxecto é moito máis que a simple posta en marcha dun grupo de teatro. Non só xuntamos a máis de trinta persoas traballando nun mesmo proxecto durante case un ano enteiro, senón que o fixemos como homenaxe a aquelas persoas que hai 41 anos interpretaron esta mesma peza teatral.” Refírese á montaxe, dirixida naquela ocasión por Eduardo Gutiérrez, que tivo lugar en San Miguel de Reinante no ano 1971 por parte do Plantel Xuvenil da Extensión Agraria.
“Cando Ollomao se plantexou crear un grupo de teatro, pensamos que esta era a primeira obra que debíamos interpretar. Primeiro, por ser un clásico do teatro galego; pero tamén como homenaxe a aquel grupo que a primeiros dos 70 interpretaron unha obra teatral en galego no noso concello e que levaron a cabo unha importante labor cultural naquel momento”, explica Tamara. “Para iso, puxémonos en contacto coa nosa veciña, actriz e directora, Comba Campoy que se mostrou desde o primeiro momento encantada de levar a cabo este proxecto no que, tamén ela, tiña comezado a traballar xunto, entre outros, con Ramón Casas”, explican desde o colectivo.
Segundo contan desde Ollomao o proceso foi longo, pero moi satisfactorio. “Comezamos por marzo coas primeiras xuntanzas, contactando con algunhas persoas que xa tomaran parte naquela interpretación do 71 e xuntando xente nova para moita da cal era o seu primeiro contacto co mundo do teatro. Desas xuntanzas, saiu un grupo de máis de trinta persoas entre actrices e actores, maquillaxe, vestiario, etc. que traballa con ilusión para que o venres sexa un día inolvidable”, comenta Tamara.
O resultado poderán velo o vindeiro venres, a partir das nove da noite no pavillón de San Miguel. As portas estarán abertas desde as 20:45 e pecharanse ás 21:15, momento a partir do cal ninguén poderá acceder para evitar ruídos, polo que pregan puntualidade. Nese acto tomarán parte tamén Eduardo Gutiérrez e o actor e director teatral Manuel Lourenzo, ao igual que o fixeron hai 41 anos co plantel xuvenil, xunto con Antonio Oca.
As entradas xa están á venda con un prezo de 2 euros que servirán para sufragar en parte os gastos da montaxe derivados de ter que adaptar un pavillón deportivo para unha obra teatral. As entradas poden adquirirse contactando con calquera das persoas que toman parte na obra ou de Ollomao. O aforo, por razóns de intendencia, estará limitado. No suposto de que o día da estrea aínda queden entradas dispoñibles, tamén se poderán adquirir na porta por igual prezo.
Os nervios serán moitos, pero a ilusión venceraos. A pesares de que o exame non será sinxelo porque ben seguro que entre o público que acuda aínda haberá quen lembre os diálogos daquela primeira representación que, do éxito, tivera facer dous pases da obra o día da estrea.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



