O NADAL MÁXICO E DIVERTIDO DE BURELA INCLÚE MÚSICA, MAXIA E CINE INFANTIL. A PROGRAMACIÓN DESTAS FESTAS DARÁ COMEZO O 19 DE DECEMBRO CO FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.
Burela, 12 de decembro de 2012. Nadal máxico e divertido, así se denomina a programación que elaborou para estas datas a Concellería de Cultura. Entre as actividades destacan a música, a maxia e tamén a cabalgata de Reis. No acto de presentación, celebrado no Concello, estiveron o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre.
A edil popular sinalou que “as actividades están pensadas básicamente para os nenos e as nenas, que son os que estarán de vacacións dentro duns días, e queremos ofrecerlles alternativas de ocio para estas festas. Haberá cine e maxia e tamén teremos para todos os públicos o festival de Nadal da Escola Municipal de Música, o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Burela e tradicional cabalgata de reis”.
Pedre dixo que “xa está en marcha o certame de poesía infantil e o concurso de postais Nadal 2012. As bases para os que queiran participar están na Biblioteca Pública Municipal. Desde aquí animamos a todos os nenos e nenas de Burela a que se animen a facer unha poesía ou unha postal”.
O 19 de decembro será o festival de Nadal da Escola Municipal de Música. O día 22 haberá concerto de panxoliñas e música coral a cargo da Coral Polifónica de Burela. O 26 e o 28 de decembro haberá cine infantil de nadal coas proxeccións de El planeta del tesoro; Las aventuras de Tintín e El secreto del Unicornio. A programación de Nadal segue o 27 de decembro con maxia en clave de sol con Chrystian Magic e música en directo do grupo de Álvaro Muras.
Xa en xaneiro, os días 2 e 4 voltará o cine infantil de Nadal coas proxeccións de Como perros y gatos: la revancha de Kitty Galore e Hermano oso. O 3 de xaneiro haberá o mundo máxico de Pi & Senín (Os magos de Burela) e o 5 de xaneiro terá lugar a cabalgata de reis.
Mónica Pedre agradeceu “a colaboración da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, da Asociación de Comerciantes de Burela e da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo para poder confeccionar este programa que hoxe damos a coñecer. Desexamos que sexa do gusto de adultos e nenos. E felices festas a todos”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



