Logo do anuncio efectuado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
BALSEIRO SINALA QUE PRETO DE 800 FAMILIAS DA MARIÑA LUCENSE CON PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS PERCIBIRÁN EN XANEIRO UN SUPLEMENTO DA XUNTA DE 200 EUROS
O goberno galego prioriza este complemento autonómico que non existe en 12 comunidades e que en 4 se paga a metade do que se abona en Galicia.
Santiago 26 de decembro de 2012.- O secretario da Mesa do Parlamento e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, avanzou hoxe que preto de 800 familias da Mariña lucense con pensións non contributivas –as de menor contía- recibirán, en xaneiro, un suplemento de 200 euros a conta da Xunta de Galicia.
Balseiro explica que así o decidiu o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen autorizou esta paga extra para as pensións máis baixas froito do compromiso do Goberno galego por dar prioridade ao pagamento deste complemento autonómico que non existe en 12 comunidades autónomas e que en 4 das que si o pagan, fanno na metade da contía que se abona en Galicia.
As pensións non contributivas son aquelas que reciben determinadas persoas polos conceptos de xubilación ou invalidez cando non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva.
O Goberno galego achega un total de 8,7 millóns de euros para o complemento destas pensións máis baixas, no conxunto de Galicia e prevé realizar os abonos nos dez primeiros días do mes de xaneiro. A Xunta ingresa a extra das pensións non contributivas nas mesmas contas correntes nas que a Seguridade Social abona as mensualidades dos pensionistas.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



