Orzamentos Provinciais 2013
Elena Candia: “Con estas contas non se garante que o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo asuma as súas competencias”
. Son uns orzamentos de marcado carácter político, que non concretan unha soa acción en mateira de emprego, insuficientes en benestar social e en cooperación cos Concellos
. Nunca, e menos nun actual contexto de difícil situación económica, podemos aceptar que Gómez Besteiro destine grandes cantidades orzamentarias para autopromocionarse e para proxectar a súa imaxe: 1.036.400,00€ a propaganda (partida que incrementa nun 35,12% con respecto ao 2012); 190.000.00€ a atencións protocolarias e representativas (partida que se incrementa nun 4,11% con respecto ao ano pasado) e 1.565.455,00€ para a súa axencia persoal de comunicación
. É denunciable que o Equipo de Goberno non reoriente fondos para incrementar a partida do Plan de Obras e Infraestructuras cos Concellos nin modifique o Plan de Cooperación con Entidades Veciñais, un plan ao que sigue destinado dous millóns de euros e que foi utilizado cun fin totalmente sectorial e politizado
. Os populares recibiron criticas de moitos funcionarios en relación ao reparto da productividade, partida que nestes orzamentos tamén se incrementa; feito que estudiará o PP
Lugo, 3 de decembro de 2012-. A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia criticou, esta mañá, en rolda de prensa, os Orzamentos Provinciais da Deputación de Lugo para o vindeiro ano 2013.
Elena Candia lembrou que na pasada sesión plenaria os populares negáronse a aprobar os orzamentos presentados polo Ente Provincial por carecer dun carácter retroactivo e por non garantir emprego, benestar social, fixar poboación e cooperar cos Concellos.
“Os orzamentos son o instrumento a través dos cales unha administración actúa sobre o tecido económico e social da provincia, cun único obxectivo: tratar de mellorar as condicións de vida dos lucenses”- afirmou Candia quen engadíu que as contas do Señor Besteiro non garanten que a Deputación cumpra coas súas competencias.
Afirmou a popular que nun momento de dificultades económicas como o que está a atravesar o país é inaceptable que o Señor Besteiro, destine diñeiro para proxectar a súa imaxe e, sin embargo, non reoriente fondos para incrementar a partida do Plan de Obras e Infraestructuras cos Concellos nin modifique o Plan de Cooperación con Entidades Veciñais, un plan totalmente sectorial e politizado.
“Podemos comprobar como o Señor Besteiro continúa destinando diñeiro para proxectar a súa imaxe; proba disto está no 1.036.400,00€ destinado a propaganda; cuantía que incrementa ademáis, nun 35,12% con respecto ao 2012; tampouco se pode consentir que destine 190.000.000€ a atencións protocolarias e representantivas, cuantía que tamén incrementa, con respecto ao ano pasado, nun 4.11%” – manifestou Elena Candia, quen criticiou tamén duramente o 1.565.455,00€ destinados a súa axencia de comunicación privada.
Elena Candia criticou que nos capítulos seis e sete, no tocante ao concepto de investimentos reais, o Equipo de Goberno rebaixe na cantidade que se consigne xa que no 2012 a cuantía económica foi de 24.079.569,56€ mentras que para o 2013, a partida é de 19.404.741, 99€
“Prodúcese unha reducción de 50.000€ en investimentos reais. Con respecto á anualidade anterior, o Señor Besteiro reduce en infraestructuras e bens destinados ao uso xeral (325.000€ – 275.000€) o que supón, un 15.38% menos con respecto ao ano pasado; con respecto a investimentos de carácter inmaterial prodúcese un descenso de 4.950.527,58€ (12.780.000,00€-7.829.472,42€), un 38.73% con respecto ao ano pasado”.
Elena Candia mostrou a súa preocupación no tocante ao incremento en productividade
“Recibimos críticas de moitos funcionarios en relación ao reparto da productividade, que se incrementa nestes orzamentos nun 23.69%; feito que estudiaremos con detenemento”-concluíu.


















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



