Os populares critican a falta de implicación do rexedor local no fomento da economia municipal
O PP local pídelle ao alcalde mindoniense que realice as compras do consistorio en negocios do municipio
Os populares denuncian que o rexedor local non sexa quen nin de solicitar orzamentos a negocios da propia localidade sobre o custe do produto que pretende mercar
Os populares recórdanlle ao Orlando González que a economía local precisa axuda e os negocios deben ter, como mínimo, a oportunidade de ofertar os seus produtos
Os populares tachan de “lamentable” a despreocupación que o nacionalista profesa cara os veciños e esíxenlle, polo tanto, que corrixa a súa forma de actuar
Mondoñedo, 5 de novembro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo esíxelle ao alcalde da localidade, o nacionalista Orlando González, que corrixa a súa forma de actuar e realice as compras do consistorio en negocios municipais ou que polo menos sexa quen de solicitarlles o orzamento sobre o custo do produto que pretende mercar. Os populares trasladan esta petición logo do pago dunha factura superior a 4.500 polo subministro de rodas a un taller de Ribadeo, sen pedir orzamento en tendas locais.
Os populares tachan de “lamentable” a actitude do rexedor local que, segundo a consulta feita dende o Partido Popular a varios establecementos, non está nin a preguntar sobre o prezo, en negocios locais, dos utensilios que procura mercar. E máis tendo en conta que por exemplo, no caso sinalizado dos talleres, o municipio conta cunha ampla oferta, de ata seis establecementos que poden ofertar o citado produto.
Dada esta situación, a portavoz do PP en Mondoñedo, Elena Candia, recórdalle a Orlando González que a economía local precisa axuda e polo tanto, os negocios do municipio, “deben ter como mínimo a oportunidade de ofertar os seus produtos”. Así, Candia engade que o deber dun xestor é o de procurar o “mellor para o seu pobo”, culminando actuacións que repercutan positivamente na economía local, polo que lle esixe “que corrixa a súa forma de xestionar”.
Para a popular, actitudes como as amosadas polo nacionalista só evidencian a “despreocupación” do alcalde de cara Mondoñedo e aos seus veciños, xa que non só “desoe as súas peticións”, senón que ata se esquece “da existencia de tendas locais que poden cubrir as demandas do Concello”.
A popular fala da necesidade de activar a economía local e de dinamizar o municipio e, polo tanto, de procurar accións cunha clara repercusión reactivadora de Mondoñedo. Porén, todo parece indicar, segundo explica Candia, que a Orlando González non lle preocupa esta situación e que coa súa xestión está a conseguir “o contrario” do que debe perseguir un “bo rexedor”.
Polo tanto, dende o PP denuncian esta situación froito da falta de implicación de Orlando González co fomento da economía local e pídenlle que rectifique a súa actitude, tendo en conta aos negocios municipais.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



