O VIAL COÑECIDO COMO CAMIÑO A ESTÁ CORTADO AO TRÁFICO PARA VEHÍCULOS DE MÁIS DE DEZ TONELADAS COMO CONSECUENCIA DOS DANOS CAUSADOS POLO TEMPORAL NA PONTE SOBRE O RÍO BATÁN. A ALCALDESA XESTIONA A REPARACIÓN DA ESTRADA AÍNDA QUE MANTÉN QUE DEBERÍA FACELO A DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
Lourenzá, 22 de xaneiro de 2013. A estrada coñecida como Camiño A está cortada ao tráfico para vehículos de máis de 10 toneladas, porque resultou danada ao seu paso sobre o río Batán como consecuencia do temporal dos últimos días. Esta situación impide o paso por ese lugar do autobús dos transporte escolar e dos camións que transportan o leite, a madeira, os pensos e outros produtos, como explicou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que está xestionando a reparación do vial co ente autonómico Augas de Galicia, aínda que mantén que debería facelo a Deputación Provincial por ser a propietaria da estrada.
Emma Álvarez explicou que “está cortado ao tráfico para vehículos de máis de 10 toneladas no coñecido como Camiño A debido a que as riadas da fin de semana causaron un dano importante precisamente no paso por enriba do río Batán, onde xa houbo un famoso badén durante anos e que foi reparado con medios do Concello a finais de setembro do ano pasado”.
A alcaldesa de Lourenzá lembrou que sobre esta estrada “hai dous acordos do pleno da Deputación de Lugo para facer unha permuta e ser eles os donos, polo que a día de hoxe sigo crendo que é a Deputación a que debería tomar cartas no asunto xa que con dous acordos plenarios, un do ano 2006 e outro do 2012, xa tiveron tempo suficiente para ter o convenio redactado para ser asinado”.
Sobre este asunto Álvarez Chao falou o pasado día 9 deste mes de xaneiro co deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez, a quen preguntou por este convenio e a resposta foi que “aínda estaba sen redactar”, comentou hoxe a rexedora municipal, quen tamén explicou que “ao día seguinte mandeille unha carta poñéndome á súa disposición para firmar o convenio que xa existía e que el mesmo me facilitou no mes de setembro, cando tivemos unha reunión, simplemente adaptándoo ás datas actuais”.
Emma Álvarez aproveitou para agradecer o traballo realizado polos membros de Protección Civil que “durante toda a xornada do sábado estiveron ao pé do canón axudando nas labores de arranxo dos danos ocasionados polas inundacións debido as choivas”.
Para tratar de solucionar o problema que hai no Camiño A ao seu paso polo río Batán a alcaldesa púxose en contacto co ente autonómico Augas de Galicia, que “mañá, unha vez que estuden os danos de toda a comunidade, nos digan que posibilidades hai para que procedan ao arranxo ou si temos que facelo nós; en caso de que sexa así trataremos de que a Deputación de Lugo nos axude para facer estas obras”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



