NOVAS ACTIVIDADES TERAPÉUTICAS DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA”:
O pasado 8 de xaneiro deu comezo a actividade nos centros da Asociación de Axuda ó Enfermo mental “A Mariña” , despois das merecidas vacacións de nadal dos usuarios dos nosos Centros de Rehabilitación ,reiniciándose as actividades terapéuticas .
Para este primeiro cuatrimestre do ano, están planificadas unha serie de actividades novedosas, que redundarán na mellora terapéutica de todos os participantes, todas elas encamiñadas a conseguir os obxectivo marcados en cada proxecto individualizado de intervención.
Así, hoxe tivo lugar a inauguración do Curso de Elaboración de Xabóns artesanais, taller no que se aprenderán a realizar xabóns translúcidos , opacos e enriquecidos. A elaboración do xabón convértese nun obradoiro ameno, divertido e case “máxico”, xá que mediante a artesanía facemos realidade o que imaxinamos, deseñamos, formulamos e elaboramos com tanto cariño…. Como resultado teremos unha obra de arte persoal e única, o que redundará moi positivamente no aumento da autoestima, de tódolos participantes.
Así elaboraremos xabóns de distintas formas, colores e olores…. estando a cromoterapia e a aromaterapia, aplicadas en todo o proceso.
A preocupación polo medio ambiente está presente en todos os nosos cursos, porque reutilizamos materiales, non xeramos residuos contaminantes , non empregamos productos corrosivos e sempre transmitimos a responsabilidade de todos co cuidado do planeta.
Con esta iniciativa, a ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, quere mostrar á sociedade unha imaxe positiva do noso colectivo. Trátase de loitar de modo activo contra o estigma social, amosando unha imaxe normalizada das personas con enfermidade mental. Así mesmo, a práctica deste taller por un lado, resulta moi beneficiosa para a saúde das persoas con enfermidade mental, ademais de axudar á súa rehabilitación e fomentar a súa autonomía. E por outro lado, podemos ir mais alá, ó poder practicar na casa coas súas familias, esta técnica, o que fomentará cohesión familiar, grupal e mellorarán as relacións paterno-filiais.