A vicepresidenta e o asesor do BNG na Deputación cobran máis que seis membros do goberno de Cervo
-Yolanda Pedreira explica que os salarios da vicepresidenta e do asesor teñen máis custo que os dos seis membros do goberno local que perciben a súa retribución do Concello, con Xuntas de Goberno incluídas
Cervo, 17 de xaneiro de 2013-A edil de Facenda e Emprego, Yolanda Pedreira, fixo hoxe un recordatorio aos grupos da oposición “aos que tanto lles gusta falar das retribucións do goberno de Cervo”. Pedreira explica que “a vicepresidenta da Deputación e o asesor do BNG na Deputación xuntos, ambos con responsabilidades políticas en Cervo, cobran máis que os seis membros do goberno local cervense que reciben as súas retribucións do Concello, con asistencia a Xuntas de Goberno incluídas”. A concelleira considera moi relevante “que só dúas persoas lle custen máis á Administración que o alcalde e cinco concelleiros de Cervo xuntos”.
Pedreira tamén lle recomenda ao grupo municipal socialista que se preocupe por certas partidas dos orzamentos “das que eles son responsables directos” como a destinada a aboar a multa de 20.000 euros imposta pola Deputación ao Concello de Cervo pola colocación duns postes que permitirían dar subministro eléctrico a unha EDAR e, polo tanto, prestar un servizo básico. Durante o pleno celebrado esta semana sobre as reclamacións do BNG aos orzamentos “o PSOE pasou por alto esa partida no capítulo de gastos e que lle temos que agradecer en concreto aos dous cervenses con cargos na Deputación”.
Ao mesmo tempo, Pedreira cualifica de “rechamante” que o PSOE cervense poña en cuestión os orzamentos “baseándose unicamente nas reclamacións presentadas polo BNG” e que “nin sequera se preocupasen de elaborar unhas propostas propias”. Unhas reclamacións nas que ademais “o señor asesor do BNG na Deputación non foi quen de facer nin o máis básico, como é cadrar as contas para que haxa os mesmos gastos que ingresos, algo tan primario que calquera responsable público debería sabelo dende que comeza a súa actividade política”. Precisamente ese era un dos erros que facían imposible aprobar as reclamacións nacionalistas, xa que se producía un desaxuste no orzamento con máis gastos que ingresos.
Ademais, a delegada de Facenda e Emprego destaca que os socialistas “teñan tanta imaxinación como para chegar a inventar que a partida destinada a emprego baixa, cando en realidade crece nun 81%”.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



