Os membros da Asociación Conde Santo de Lourenzá, reuníronse dez anos despois para rememorar unha representación teatral que ensaiaron e amosaron ao público cando eran uns adolescentes. Repetiron no elenco da popular peza teatral “Menciñeiro á forza”, case a totalidade dos actores que o fixeron no pasado. Desde o colectivo afirman que nada cambiou e seguen sendo aqueles nenos con nervios, con pouco tempo e con problemas no decorado. Despois de tres representacións agradecen ás case 400 persoas que lles regalaron unha hora e media dos seus sorrisos e aplausos.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



