Despois do pleno celebrado no día de onte no concello de Ribadeo, a plataforma de afectados queremos comunicar que a nosa moción foi aprobada por unanimidade de toda a corporación e cumprindo así co solicitado e reclamado polos afectados da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña.
Queremos agradecer o apoio unánime a nosa proposta do BNG, Partido Popular, PSOE e UPRI.
Agradecemos tamén que neste concello respectasen a iniciativa da plataforma e sobre todo o texto íntegro, feito e elaborado por nós, sen ser modificado nin emendado como era o desexo da plataforma, e tamén que esta moción fose presentada como proposta de alcaldía e no noso nome,non no de ningún partido político como así expresamos dende un primeiro momento que era a nosa intención.
Esperamos e desexamos seguir tendo unha resposta positiva a esta iniciativa nos distintos plenos que faltan por realizarse nos concellos da comarca.