Hoxe luns, 7 de xaneiro, terán lugar os actos conmemorativos do centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego, fillo predilecto do Concello de Lourenzá. Ás sete da tarde haberá unha misa homenaxe na igrexa de Santa María de Valdeflores. De seguido, ofrenda floral diatne do seu busto, na Praza do Conde Santo. E ao remate no salón de actos do concello proxectarase o documental “Pegadas na memoria”. Os actos están organizados polo Concello de Lourenzá.
