Logo da xuntanza que mantiveron esta mañá José Manuel Balseiro e José María González BarcIa coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana
DANSE OS PRIMEIROS PASOS CARA A CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN MIXTA PARA A REFORMA DA NORMATIVA SOBRE TRIPULACIÓNS MÍNIMAS
A Xunta de Galicia liderará este proceso no que estarán convidados a participar a administración central –en especial a Mariña Mercante- e os representantes do sector pesqueiro
Santiago, 24 de xaneiro de 2013.- Na mañá de hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela unha xuntanza entre o voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro e o alcalde de Burela, José María González Barcia coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na que se acordou dar os primeiros pasos para a constitución dunha comisión mixta -na que participarán a administración central e autonómica e os representantes do sector pesqueiro- de cara a abordar a reforma da normativa vixente en materia de tripulacións mínimas.
ADMINISTRACIÓNS E SECTOR PESQUEIRO
Segundo explicaron desde o Partido Popular será a Xunta quen lidere este proceso participativo que pretende sentar as bases para a futura reforma e facelo “en consenso con todos os actores implicados”, dada a problemática que na actualidade se están atopando no sector para completar o cadro de tripulacións mínimas esixidas para os buques de pesca.
Nos encontros queren convidar a representantes do Ministerio de Fomento, en concreto, da Mariña Mercante e do Ministerio de Medio Ambiente, concretamente, os no ámbito pesqueiro. Tamén queren que os propios profesionais do sector teñan un papel destacado nesta comisión mixta.
EN BURELA
Esta previsto que nos vindeiros días se realice a convocatoria oficial desde a Xunta logo da que terá lugar o primeiro encontro, previsiblemente, na localidade de Burela, un dos principais portos pesqueiros de Galicia.
Tanto José Manuel Balseiro como José María González Barcia agradeceron a implicación da representante do Goberno galego neste proxecto e subliñaron a receptividade e sensibilidade da Xunta en todo aquelo que supoña abordar melloras no ámbito dun sector da importancia que a pesca ten no conxunto de Galicia.
“Ninguén mellor que Rosa Quintana para liderar este proxecto dado que ela xa vén traballando nesta cuestión e polo tanto coñece de primeira man as necesidades, prioridades e obxectivos a acadar na reforma da normativa sobre tripulacións mínimas”-concluíron os representantes populares.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



