BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO DE GALICIA POLAS MEDIDAS A ADOPTAR CONTRA OS ABUSOS DAS ELÉCTRICAS
O deputado popular insta ás administracións central e autonómica a extremar a protección dos dereitos dos usuarios ante os problemas xurdidos coas tarifas e facturas eléctricas
Santiago 3 de xaneiro de 2012.- O secretario da Mesa do Parlamento e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de interesarse polas medidas a adoptar contra os abusos das compañías eléctricas que están a xerar multitude de queixas e reclamacións por parte dos cidadáns e a apertura dun número crecente de expedientes sancionadores polo Instituto Galego de Consumo.
O parlamentario popular insta ás administracións central e autonómica a extremar a protección dos dereitos dos usuarios ante os problemas xurdidos nas facturas e cos cambios producidos nas tarifas.
CAMBIO EN TARIFAS, ESTIMACIÓNS E EQUIPOS DIXITAIS
Segundo Balseiro os veciños da Mariña lucense non son alleos aos problemas relacionados coa factura da luz e, de feito, esta situación agravouse a partir da introdución da Tarifa de Último Recurso (TUR), da entrada en vigor da normativa que establecía a facturación mensual con lectura estimada e lectura real, e da substitución dos equipos de medida polos novos equipos dixitais adaptados para telexestión.
PRINCIPAIS PROBLEMÁTICAS
O deputado popular describe que as problemáticas máis habituais coas que se están a atopar os usuarios teñen que con a ausencia de facturación durante un longo período de tempo; co cobro en facturas posteriores polo importe de toda a enerxía consumida durante o devandito período, con atrasos significativos na regularización de lecturas estimadas e con cortes da subministración eléctrica por falta de pagamento sen respectar as modalidades e os prazos previstos na regulación e sen xustificación de aviso previo, entre outros.
Balseiro anima aos cidadáns a canalizar as súas queixas por irregularidades nas facturas a través das oficinas de consumo xa que permitirán ás administracións ter mellor coñecemento da situación real que se está a producir e así tomar as medidas adecuadas para resolver a súa situación.
TRABALLO SERIO E SOLUCIÓNS
O parlamentario popular precisou que os problemas coas facturas eléctricas non son de hoxe, senón que veñen desde 2009, e lamentou que o anterior Goberno central “mirara para outro lado”. Pola contra desde a Xunta e desde Goberno central xa ao comezo da lexislatura, “son sensibles” están traballando “moi seriamente” neste ámbito, a través dos departamentos de Consumo e Industria, que se reuniron con todas as distribuidoras e comercializadoras para buscar vías de solución aos problemas.
Balseiro pediu ás empresas eléctricas que reforcen os servizos e teléfonos que poidan servir para canalizar dun xeito máis doado a atención de reclamacións así como tamén intereseouse polo o seguimento e control das reclamacións que se efectúan desde as administracións.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



