O primeiro encontro iníciase mañá,día 24 de xaneiro, na cidade da Muralla
Comeza a campaña interna do Partido Popular de Lugo na que se levarán a cabo xuntanzas por toda a provincia
O obxectivo é dar a coñecer as propostas e ideas para o goberno interno da formación nos vindeiros anos
Lugo, 23 de xaneiro de 2013.- A Presidenta da Comisión Organizadora do Congreso provincial, Julia Rodríguez Barreira, anunciou que mañá, día 24 de xaneiro, comezará a campaña electoral interna para o vindeiro congreso provincial que terá lugar o día 2 marzo e no que José Manuel Barreiro será reelixido Presidente do PP lucense.
“Levaranse a cabo xuntanzas por toda a provincia. A primeira reunión terá lugar mañá na cidade da muralla con membros de NNXX e afiliados de Lugo cidade e Lugo comarca e mozos e afiliados da Montaña”- manifestou Julia Rodríguez, quen lembrou que a de José Manuel Barreiro foi a única candidatura presentada a dirixir o partido popular lucense e que acadou máis de 300 apoios.
A seguintes xuntanzas da campaña electoral interna terán lugar nos seguinte días con afiliados: o vindeiro venres, día 25 na Terra Chá e A Mariña; o sábado, día 26, en Sarria e finalizarán o luns, día 29 con sendas reunións en Chantada e Monforte.
Concluíu Julia Rodríguez que coa de mañá inícianse unha serie de reunións con membros do partido en cada comarca onde se darán a coñecer as propostas e ideas para o goberno interno da formación nos vindeiros anos.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



