A Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo está elaborando unha edición especial adicada ao economista mindoniense Ricardo Pedreira que será entregado de forma gratuíta aos asistentes ao homenaxe que o pobo de Mondoñedo lle tributará o vindeiro 26 de xaneiro ás doce do mediodía no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.Neste número do xornal colaboran entre outros, Antonio Reigosa, Antonio Meilán, Armando Requeixo e Fran Bouso. As tarxetas para participar no xantar-homenaxe, que terá lugar no Restaurante Montero de Mondoñedo ao remate dos actos do Auditorio, están á venda no Ricón de Mondoñedo, Confitería La Alianza e na Oficina Municipal de Turismo da cidade da Paula.
Homenaxe a Ricardo Pedreira en Mondoñedo
Homenaxe a Ricardo Pedreira en Mondoñedo
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia