A Asociación Península da Paz de San Ciprián, co único afán de recadar fondos para a organización da Cabalgata de Reis en San Cibrao e outras actividades de tipo cultural, venderon lotería de Reis, que foi agraciada con seis euros por papeleta. Xogábanse dous euros por papeleta en cada un dos números 55282 e 71384, tocando no primeiro dous euros por euro e no segundo o reintegro, é dicir, un euro. En total o premio é de seis euros por papeleta. Os décimos están depositados na oficina de Novagalicia Banco de San Cibrao para o seu cobro.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



