A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 2.400 euros no Campañazo do bingo deste mes de xaneiro. Desde a directiva explican que “o que queremos é axudarlles aos clientes do comercio e da hostalería de Foz a levar un pouco mellor a complicada costa de xaneiro”. Os sorteos do Campañazo do bingo serán os días 4, 11, 18 e 25 de xaneiro a partires das 23 horas. José Carlos Paleo, o presidente de ACIA Foz, sinala que “imos poñer en xogo cada venres 300 euros en vales de compra para o gañador do Campañazo e 300 euros en efectivo para o resto dos cartóns premiados”.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



