O Concello está valorando as posibilidades de aproveitamento do edificio municipal que ocupaba o FOREM
-A Fundación Formación e Emprego de Galicia, dependente de CC.OO., levaba máis de 15 anos ofrecendo cursos formativos no centro situado fronte á Casa do Concello de Cervo
Cervo, 17 de xaneiro de 2013-O edificio de titularidade municipal no que ata o de agora se atopaba instalado o FOREM quedará baleiro a partir do mes de febreiro despois de que a Fundación Formación e Emprego de Galicia tivese que pechar o centro formativo dende o que se programaban e ofrecían cursos para toda a Mariña. As instalacións foran cedidas de forma gratuíta pola Administración Local durante máis de 15 anos, tempo no que a fundación só tivo que aboar os gastos de subministro de servizos e investir en equipamento e mobiliario.
Esta semana a edil de Educación, Pilar Armada, a de Cultura, Begoña Alonso, e o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, estiveron percorrendo o centro para revisar o seu estado e avaliar as posibilidades de aproveitamento que ten o edificio. Nese percorrido acompañáronos a directora de FOREM Galicia, Marisa Estalote, outros traballadores da fundación así como da empresa que se encargará do transporte de boa parte do material da súa propiedade.
Os edís puideron comprobar que o edificio se atopa en moi boas condicións destacando especialmente os amplos espazos dispoñibles. A concelleira Pilar Armada explica que “imos valorar e sopesar todas as opcións co obxectivo de que se lle dea o uso máis axeitado segundo as súas características e configuración”. Neste sentido Armada asegura que “o Concello está aberto a todas as opcións razoables posibles, ben sexan iniciativas empresariais, asociativas ou doutro tipo”.
Ao mesmo tempo, todo o grupo de goberno manifesta a súa mágoa porque o FOREM teña que abandonar unhas instalacións “tan axeitadas para a formación, que despois de máis de 15 anos tiñan completamente acondicionadas e adaptadas aos cursos e nas que desempeñaban unha labor moi importante de formación a persoas ocupadas e en paro. Unha fundación á que temos que agradecerlle que no seu momento escollera Cervo como centro e base das súas iniciativas na Mariña”.
O edificio está dividido en tres plantas, ao que hai que engadirlle unha nave externa onde se impartían os talleres de soldadura e electricidade. En canto ao edificio principal, conta con catro aulas, despachos e salas de reunión.
Durante máis de 15 anos o FOREM, promovido polo sindicato Comisións Obreiras, estivo ofrecendo formación para o emprego, é dicir, cursos dirixidos a fomentar a capacitación e inserción laboral, polo que a práctica era unha parte fundamental da súa acción. Nese tempo impartíronse cursos de administración e xestión de empresas, recursos humanos, atención ao cliente, informática, da área sociosanitaria, de soldadura ou de electricidade.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



