O goberno local asegura que ao asesor do BNG na Deputación báilanlle as cifras dun día para outro
-O executivo cervense convida ao señor Estúa a contrastar as súas cifras sobre os orzamentos coas que manexa o goberno diante dos medios de comunicación
Cervo, 5 de xaneiro de 2013-O goberno municipal lamenta que o asesor do BNG na Deputación se volva desacreditar a si mesmo coas súas propias palabras. O executivo local explica que o señor asesor xa saíu aos medios de comunicación en dúas ocasións para criticar os gastos do goberno de Cervo, “e cada día dá un dato distinto”. “Non sabemos como fixo as contas, pero o que está claro é que lle bailan as cifras porque en cada declaración que fai, sáelle un cálculo diferente” engade o grupo de goberno.
O executivo cervense asegura que o asesor nacionalista “pon todo o seu empeño en atopar unha cifra coa que criticar ao goberno, e por iso fai operacións, suma, resta, multiplica, divide…co único obxectivo de prexudicar” pero para o equipo de goberno o realmente grave é que “cando o dato non sae ao seu gusto, inventa e terxiversa”. E é que o goberno municipal manifesta que “os números non menten e, faga o que faga o señor asesor, sempre dan como resultado que os gastos en órganos de goberno baixan este 2013 con respecto a 2012”.
O executivo local recoméndalle ao asesor cervense que “sexa máis rigoroso” e incluso reta ao señor Estúa a “contrastar as súas cifras coas que manexa o goberno diante dos medios de comunicación para rematar con tantas mentiras”.




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



