O PP fai público o documento oficial no que se proba que Suárez Barcia pretendeu enganar aos veciños responsabilizando ao Goberno galego desta perda e que actuou con evidente neglixencia en todo o procedemento administrativo
A RESOLUCIÓN OFICIAL DA XUNTA DE GALICIA PROBA QUE O ALCALDE DESISTIU DA SOLICITUDE DUN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA RIBADEO
Ribadeo, 30 de xaneiro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia José Manuel Balseiro Orol e Vidal Martínez-Sierra, acompañados do presidente do PP local, Jesús López Penabad e do portavoz municipal, Manuel Valín, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na que deron a coñecer a resolución oficial da Xunta que proba que o alcalde de Ribadeo, Fernándo Suárez Barcia, desistiu da solicitude dun obradoiro de emprego para esta localidade.
Os dirixentes populares fixeron público o documento oficial no que se demostra que o rexedor nacionalista pretendeu enganar aos seus veciños responsabilizando ao goberno galego desta perda “cando el era o primeiro e único culpable”. Ademais da lectura da resolución oficial pode observarse como o alcalde actuou con “evidente neglixencia” en todo o procedemento administrativo, dando como resultado a perda deste servizo.
Desde o PP aseguraron que o Concello de Ribadeo incorreu en múltiples irregularidades na tramitación desta subvención para obter o obradoiro de emprego. Xa cometeu erros desde o seu inicio, porque a solicitude contiña ata 14 deficiencias e, tras ser advertido disto pola Xunta e outorgado un prazo para poder corrixilo, non achegou a totalidade da documentación requirida, o que a efectos administrativos supón desistir da solicitude e dar por concluído o procedemento.
Os populares aseguran que “se xa é grave que o alcalde de Ribadeo non atenda en tempo e forma os requirimentos da Xunta e que sexa incapaz de supervisar unha simple solicitude de subvención para un servizo da importancia dun obradoiro de emprego, moito máis grave é aínda que pretendera enganar aos veciños e botarlle á culpa a Xunta e ao PP de erros que son responsabilidade única e exclusiva do alcalde”.
Desde o PP conclúen que “se Suarez Barcia non é capaz de facer o seu traballo de xeito correcto e ademais xoga ao despiste ocultando a súa neglixencia e desprezando aos 1.226 veciños da comarca que están desempregados e que hoxe poderían ter un traballo neste obradoiro, o mellor que pode facer por decencia democrática e asumir a súa responsabilidade política e marcharse”.
CRONOLOXÍA DOS FEITOS
27/02/2012: Tras a solicitude do Concello de Ribadeo iníciase o expediente administrativo para que a Xunta valore e financie o proxecto de Obradoiro de Emprego “Ribadeo conserva”
10/09/2012: Tras valorar a documentación presentada a Xunta require ao Concello de Ribadeo que corrixa 14 deficiencias detectadas no expediente (ver relación de documentos solicitados) e da un prazo de 10 días hábiles que empezan a contar desde o 13/09/2012 para achegar esta documentación.
24/09/2012: O Concello de Ribadeo responde ao requirimento pero o fai de xeito incompleto con ausencia de ata 4 documentos obrigatorios e erros na memoria económica non corrixidos (ver relación de fallos detectados).
04/01/2013: Rematado o prazo sen que presentara a documentación completa en tempo e forma, a Xunta resolve, conforme ao previsto da orde de convocatoria, dar por desistida a solicitude de obradoiro e concluído o procedemento.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



