O Partido Popular de A Pontenova solicita unha Ordenanza Municipal de subvencións.
O PP de A Pontenova presentará unha Moción no próximo Pleno instando ao goberno do PSOE a que aprobe unha Ordenanza Municipal que regule as subvencións ás Entidades sen ánimo de lucro.
Neste senso o PP solicitará a Darío Campos que regule a través dunha Ordenanza as subvencións co concello pontenovés concede ás distintas entidades para a través dunha convocatoria regulada de subvencións existan uns criterios públicos, obxectivos e transparentes na concesión das mesmas, evitando situacións como a que se estivo a vivir estes dias pasados entre o Superti Futbol Sala e o concello pontenovés.
Ademais, o PP denuncia que Darío Campos minte e o engana xa que no último Pleno e en resposta a unha Pregunta deste Grupo, entregoulle a relación de subvencións do ano 2011 onde se indica que están todas pagadas e días despois o Superti Fútbol Sala, que non figura nesa relación, denuncia que ten sen cobrar as subvencións de 2011 e 2012.
O PP espera que esta Moción sexa aprobada e que o equipo de goberno regule as subvencións do ano 2013 a través, xa, desta Ordenanza e que ademais nos presupostos do 2013 que aínda están sen aprobar, xa se recolla a partida presupostaria necesaria para convocar publicamente ditas subvencións
Finalmente esta Ordenanza, entendemos desde o Partido Popular, que deberá incluír ás Entidades Sociais, Culturais e Deportivas, e que deberá garantir dunha maneira pública e transparente a concesión e as contías das axudas e subvencións municipais, evitando partidismos e personalismos, sobre todo tendo en conta a importante labor que todas estas Entidades, cada unha no seu ámbito de actuación, están a desempeñar en beneficio dos veciños e veciñas de A Pontenova.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



