O PP esíxelle a Besteiro que deixe de discriminar á confraría de Foz, única lucense excluída das subvencións nominativas provinciais para 2013
Lugo, 22 de xaneiro de 2013-. O Grupo Provincial Popular rexistrou para o próximo debate plenario unha moción na que lle reclama ao Señor Gómez Besteiro que garanta a colaboración económica periódica coa confraría de Foz, tal e como fai co resto das confrarías lucenses, aos que lles concede unha subvención nominativa para gastos de funcionamento. A voceira do GPP na Deputación, Elena Candia, xunto co deputado autonómico, Jesús Novo, mantivo unha xuntanza para tratar este tema con membros do goberno local e co patrón da confraría de Foz.
A popular lembra que na anualidade 2012, o Organismo provincial concedeu, por primeira vez, unha subvención nominativa á agrupación de mariscadores e pesqueiros de Foz, tras unha moción rexistrada polos populares o pasado mes de agosto. Desta maneira, o Grupo Provincial Popular logrou poñer fin, na anualidade 2012, a unha situación de discriminación na que viña incorrendo o goberno da Deputación coa confraría de Foz.
Sen embargo, Elena Candia explica que da simple análise dos orzamentos da Deputación de Lugo para o ano 2013 obsérvase que, de novo, a listaxe de subvencións nominativas non inclúe unha partida destinada a actividade de funcionamento da confraría de Foz, polo que critica que a Deputación de Lugo continúe sen garantir a colaboración coa citada agrupación.
Co obxecto de corrixir esta discriminación e garantir o apoio á confraría e aos profesionais do mar e marisqueo que desenvolven a súa actividade no territorio de concesión, o PP instará no próximo pleno a Deputación lucense a que garanta, a través da fórmula que estime máis acaída e en pé a igualdade co resto das confrarías lucenses, a colaboración e apoio económico á confraría de pescadores de Foz, tanto durante o 2013 como en sucesivas anualidades.
Así mesmo, durante o pleno os populares instarán á Gómez Besteiro a que faga efectivo o pagamento con carácter de urxencia á Confraría de pescadores de Foz da subvención da que foi beneficiaria durante 2012, tras a iniciativa popular, sendo a única confraría a que non se lle pagou a correspondente axuda económica.
Falta de colaboración coas confrarías
Elena Candia lembra que o Grupo Popular levou en setembro unha moción a pleno na que solicitaba unha maior colaboración da Deputación Provincial coas confrarías lucenses e trasladaba así as demandas do sector, que reclamaban unha maior implicación do organismo provincial.
A popular lamenta que esta actitude do bipartito provincial continúe durante 2013, xa que ademais de seguir sen incluír a Foz entre as confrarías concesionarias de subvencións nominativas, a contía económica recollida nos orzamentos desta anualidade e destinada a gastos de funcionamento das confrarías lucenses continúa a ser a mesma.
A Voceira do GPP na Deputación considera moi escasa a cantidade de 18.000 euros que recollen estas partidas, tendo en conta a relevancia do sector pesqueiro na provincia, de feito, puntualiza a popular, estase a falar dunha actividade estratéxica nos concellos costeiros de Lugo.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



