O Grupo Municipal Socialista de Foz presentou esta mañá unha MOCIÓN EN APOIO AOS AFECTADOS POLA ADQUISICIÓN DE PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E DÉBEDA SUBORDINADA, coa finalidade de apelar á responsabilidade do Goberno, tanto a nivel Estatal, como Autonómico e, incluso, Local, e solicitar a posta en marcha das accións tendentes a acadar unha solución que permita a devolución íntegra das cantidades depositadas aos milleiros de persoas afectadas pola adquisición de participacións preferentes e débeda subordinada, dando traslado das medidas demandadas pola Plataforma de Afectados da Mariña Lucense.
Na actualidade, existen uns 37.000 afectados pola adquisición de participacións preferentes e débeda subordinada, dos cales só uns 10.000 puideron recuperar os seus aforros a través da vía da arbitraxe.
Milleiros de persoas foron enganadas polas entidades bancarias depositando os seus aforros de toda unha vida de traballo e sacrificios nun produto financeiro do que apenas se lles proporcionou información. Pola contra, o que se lles asegurou aos afectados que investiron os seus cartos na adquisición de participacións preferentes e débeda subordinada foi que poderían recuperalos no momento que considerasen oportuno.
Entre os afectados pola adquisición deste tipo de produtos financeiros existe xente analfabeta, sen estudios, de avanzada idade, e, incluso, discapacitados, que en ningún momento coñecían as condicións dos produtos que estaban a contratar, persoas que depositaron a súa confianza nalgúns empregados das entidades bancarias, e que foron enganados e estafados.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz, procede a dar traslado ao Pleno da Corporación das medidas solicitadas pola Plataforma de Afectados polas participacións preferentes da Mariña Lucense, sometendo para a súa aprobación a adopción dos seguintes ACORDOS:
Instar á Xunta de Galicia a que adopte as medidas oportunas para garantir que continúe aberta a vía da arbitraxe, e que a mesma siga funcionando, a lo menos, ao mesmo ritmo que con anterioridade ás eleccións autonómicas.
Instar á Xunta de Galicia a que adopte as medidas precisas para que as entidades bancarias determinen, á maior brevidade, que solicitudes de arbitraxe non se van admitir a trámite, de xeito que ditos afectados podan optar directamente pola vía xudicial, e o período de espera non supoña unha perda de tempo para os mesmos.
Instar á Xunta de Galicia a que acorde as accións necesarias para que se conceda o beneficio de xustiza gratuíta a tódolos afectados pola adquisición de participacións preferentes e subordinadas, coa fin de que os mesmos non teñan que facer fronte aos cuantiosos custes que supón a día de hoxe un proceso xudicial, que incluiría, ademais dos honorarios de avogados e procuradores, o pago dunhas elevadas taxas xudiciais.
Instar ao Goberno do Estado a que adopte as medidas tendentes para conducir á derogación da norma pola cal aos afectados por este tipo de produtos financeiros se lles impón unha quita coas entidades bancarias, que vai supoñer para os mesmos a perda de aproximadamente un corenta por cento dos cartos depositados, e o nefasto canxe por accións da porcentaxe restante, o que constitúe unha ilegalidade manifesta, xa que se está a tratar aos afectados, non como aforradores defraudados, senón como inversores.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



