VIVEIRO FSF 5 – DONAPEL MONTERROSO 0
Viveiro.: Diandra, Rocio, Nerea, Xiana María Balsa; tamén xogaron.: Andrea, Conchi, Raquel, Patricia,Goretti.
Donapel.: Carla, Ainhoa, Elisa, Akira e Noelia. Tamén xogaron.: Verónica e Laura.
Arbitro.:Rivas Fouz, Benjamin
Gran partido o disputado o sábado polo Viveiro no Antonio Tarrío ante un Donapel Monterroso que encaixou a súa segunda maior goleada no que vai de liga, tras o 9-1 que lle endosou a Friol.
O partido comezou con unha presión a toda pista por parte das xogadoras locais que lles permitía recuperar con facilidade o balón, ante un Donapel que víase desbordado unha e outra vez por o xogo combinativo do Viveiro, que nos primeiros cinco minutos de partido xa gañaba por 2-0 e dispuña de moitas ocasións para marcar.
A primeira parte foi completamente dominada polo conxunto local ante un Donaple incapaz de plantarlle cara a un Viveiro dominador e que controlaba todas as facetas do xogo.
Mediada a primeira parte o Viveiro poñía o 3-0 no marcador e as monterrosinas apenas inquedaban a meta defendida por Diandra.
Na segunda parte a relaxación das xogadoras viveirenses fixo que o Monterroso adiantara as liñas e creara algún perigo, pero de novo as xogadoras locais voltaron a tomar o mando e dous goles de María Balsa puñan o definitivo 5-0 no marcador.
VIVEIRO FSF 8 – SPORTING RABADENSE 0
VIVEIRO FSF.: Diandra, Nerea, Xiana, Rocio, María Balsa. Tamén xogaron.: Andrea, Raquel, Patricia, Conchi, Goretti, Ana e Brenda
SPORTING RABADENSE.: Carmen, Saray, Ana, Sandra, Melody. Tamén xogou María
Goles.: Nerea 2; Raquel 2; Xiana; Rocio; Goretti; María Balsa.
Partido sen moita historia o disputado na mañá do domingo no Antonio Tarrío, onde as xogadoras locais saíron ao campo sen a intensidade amosada o día anterior diante do Monterroso, o que provocou que os primeiros minutos do encontro estivesen cheos de imprecisións, xa que si ben o control do partido era total por parte do Viveiro, a falla de finalización e os erros no pase, provocaron que o Rábade tivese algunha opción na contra.
Co paso dos minutos a calidade local foise impoñendo e asfixiando a un Sporting Rabadense que non era capaz de saír da presión local, o que fixo que se chegase ao descanso cun 3-0 no marcador, que puido ser aínda mais amplo se os paus e a boa actuación da portería visitante non o houberan evitado.
Tras o paso polo vestiarios, a actitude das xogadoras locais mellorou o que fixo que o partido se convertese nun monólogo onde as ocasións e os goles ían caendo do bando local.
Destacar o debut de Brenda na portería viveirense e os primeiros minutos da xogadora cadete Ana Travieso con primeiro equipo, nos que deu mostras da súa calidade, deixando ver que è unha xogadora con proxección e que a medio prazo será unha xogadora importante dentro dos esquemas do equipo.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
