Un empate e unha victoria, resultados dos equipos base do C.D.Foz. Os INFANTÍS xogaron o sábado en Ferrol ante o Galicia de Caranza, e sacaron un empate a cero goles. O equipo de Burunda soubo contrarrestar o xogo dos ferroláns e manter a súa portería invatida, dispoñendo de un par de ocasións bastante claras que sacou mui ben o porteiro local.Con este resultado os focegos acomódanse na metade da táboa clasificatoria, moi alonxado dos postos de descenso.O vindeiro domingo cerran a primeira volta enfrontándose a un dos cocos da categoría, como é o Conxo santiagués, pero os blanquivermellos andan moi fortes no Martínez Otero.O domingo pola maña, no Municipal de Malates xogaron os CADETES, ante o Monterroso sexto clasificado, nun terreo de xogo anegado pola auga que caeu antes e durante o encontro.Mal partido dos de Oke que empezaron perdendo índose o descanso con cero a un, nunha pésima primeira parte dos focegos.Xa na segunda metade o equipo foi pa diante con todo en busca de dar volta o marcador, e así Gonzalo nun dobre remate de cabeza puxo as táboas no marcador.Seguiron buscando o segundo gol os de Oke acorralando os visitantes pero non foi ata o derradeiro minuto cando Germán de un tiro dende o borde da area anotou o gol que deixaba os tres puntos na casa, e fai que sigan con pleno de triunfos na liga que dominan con claridade.O vindeiro domingo desprázanse a Becerreá, terceiro clasificado, nun partido que se presenta moi duro dado o bo nivel do adversario e as reducidas dimensións do terreo de xogo.Os Xuvenís descansaron esta fin de semana.
Os equipos base do C.D. Foz obtiveron un empate e unha victoria na última xornada