SERVIZOS SOCIAIS LEMBRA QUE AQUELAS FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS QUE PRECISEN XOGUETES PARA OS SEUS FILLOS PODEN ACHEGARSE ATA FINAIS DE SEMANA A RECOLLELOS NESTE DEPARTAMENTO.
Ribadeo, 2 de xaneiro de 2013. A Concellaría de Servizos Sociais lembra que aquelas familias con escasos recursos que precisen xoguetes para os/as seus fillos/as poden achegarse por este departamento a recollelos.
Teresa González Piñeiroa sinalou que “da recollida de xoguetes que fixemos hai unhas semanas aínda nos quedan para poder repartir algúns máis. Todas as familias que o ano pasado recurriron a esta iniciativa xa foron atendidas tamén nesta ocasión e outras novas que se achegaron ata os Servizos Sociais”.
A data límite para poder recoller os xoguetes será o vindeiro venres, 4 de xaneiro, a mediodía.
