O organismo provincial colabora coa “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica” (AGAMAC) e o Grupo de Desenvolvemento Rural “Os Sete Castros” na organización, este vindeiro domingo, da Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real. O organismo provincial elaborou material informativo desta iniciativa, tamén apoiada polos Concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo. Con esta peregrinaxe, ditos colectivos e institucións luguesas buscan recuperar esta antiga ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerario. A Deputación continúa, deste xeito, impulsando os máis de 800 quilómetros de peregrinación que discorren pola provincia para xerar riqueza en Lugo.
Na actualidade, o Camiño Real atópase en fase de estudio, ó igual que outros treitos do Camiño Inglés, á espera de determinar, empiricamente, o seu trazado exacto a pesares dos esforzos, neste senso, de intelectuais coma o antigo cronista de Sarria, Félix López, ou Elías Valiña. Segundo os estudos realizados, as súas orixes atópanse no chamado “Camiño Antigo” ou “Camiño dos romanos”, que data precisamente desta época, e permitía ós viaxeiros e comerciantes trasladarse por todo o país.
É moi posible que formara parte dun dos trazados orixinais do Camiño de Santiago. De feito, aínda que hoxe existen outras rutas máis transitables, son varios os trazados do Camiño Real que seguen hoxe en día os peregriños. Une os Camiños Francés e Primitivo. Parte de Pedrafita, transcorrendo por este Concello, así como polo das Nogais, Láncara, O Corgo e Lugo, atravesando lugares emblemáticos como o Mazo de Santa Comba.
Ruta en tractor
A Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real arrincará ás 10:00 horas da mañá do domingo, 24 de febreiro, da parroquia de Padornelo, en Pedrafita. Tres horas máis tarde, os participante chegarán a Carracedo, en Láncara, onde xantarán na explanada da antiga Casa Consistorial deste municipio. Sobre as 15:00 horas, a peregrinación continuará ata o Pazo de Feira e Congresos da capital lucense, escenario dun coloquio sobre esta iniciativa. Concretamente, o itinerario transcorre por Padornelo (Pedrafita); Casa Chancia e As Cruces (As Nogais); Meizarán, Cruce Chao de Estacas, Alto de Albela e O Furco (Triacastela); A Armada, A Esfarrapa, Galgos, Carracedo, Lama-Corveira (Láncara); Ponte do Lago, Ponte da Torre, Marey e Hospital (O Corgo); Mazo de Santa Comba, Conturiz, Tolda de Castela e Pazo de Feira e Congresos (Lugo):
Compromiso da Deputación cos Camiños
O actual Goberno provincial traballa na posta en valor dos máis de 800 quilómetros de rutas xacobeas que discurren por Lugo -provincia galega con máis extensión de peregrinación- potenciando todos os seus Camiños cara a Compostela (Francés, Primitivo, Inverno, da Costa, Inglés e o Real) malia que, nalgúns casos, non están recoñecidos oficialmente como tal pola Xunta, administración responsable da materia. Proba deste compromiso, a institución editou Rutas a Santiago en la provincia de Lugo, a 1º publicación sobre as rutas de peregrinación por Lugo, e Camiño do Mar, obra certifica a existencia do Camiño da Costa. Puxo en marcha as programacións: Km0 Balnearios no Camiño, promocionando as rutas xacobeas e o turismo termal; Km0 a Compostela, adiantándose ás restantes administracións galegas cunha programación previa e estable ó último ano xacobeo con decenas de itinerarios; ou a Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo, con 3 edicións nas que se reivindicaron o Camiño do Mar e a mellora das instalacións portuarias. O Executivo de Gómez Besteiro instou ó Goberno galego a recoñecer os Camiños de Inverno e do Mar en varias ocasións. Mostra disto, o Pleno Provincial aprobou varias mocións neste senso á proposta do Presidente da Deputación. Este domingo, o organismo lugués sumarase á Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real coa que colabora dentro da súa posta polo impulso dos Camiños para xerar riqueza en Lugo.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



