A Xerencia de Atención Primaria en Lugo comunicou este martes 19 de febreiro á Xunta de persoal de Atención Primaria en Lugo que o Decreto de Xestión Integrada terá unha aplicación inmediata en Lugo e será de ámbito provincial co que a Mariña perderá a súa autonomía de xestión. Deste xeito vemos como o Partido Popular volve mentir aos cidadáns da comarca sobre o mantemento da autonomía da área Norte de Saúde que agrupa a 14 dos 15 concellos da comarca e atende a mais de 70.000 persoas. Para a Plataforma é necesario que a xente tome conciencia da grave situación que este feito vai provocar e fai un chamamento a mobilizarse para facerlle saber aos responsábeis do SERGAS que A Mariña non está disposta a perder o conseguido nos últimos anos.
A Plataforma fai un chamamento á poboación a mobilizarse para non perder o que temos
O anuncio da xerencia provincial de Atención Primaria de que no prazo dun mes daráselle aplicación ao Decreto de Xestión Integrada no ámbito provincial é a constatación do que a Plataforma xa viña dicindo nos últimos días “o PP mentiu á cidadanía mariñá sobre o mantemento da autonomía de xestión da Área Norte de Saúde xa que esta quedará diluída para depender dunha xerencia única en Lugo”. “Os efectos desta decisión non se van deixar esperar xa que provocará a mobilidade do persoal sanitario e o incremento no desmantelamento dos servizos, xa deteriorados, que hoxe se prestan no Hospital da Costa.” Neste sentido, dende a Plataforma que agrupa a colectivos cidadás, de doentes, sindicais e políticos, “fan un chamamento á poboación mariñá a mobilizarse para non perder o que temos”, non podemos permitir, insistiron, “que a prestación sanitaria pública dos e das marinás volva aos tempos das peregrinacións de doentes centos de quilómetros para recibir asistencia sanitaria adecuada”.
O colapso nas urxencias e noutras áreas do Hospital da Costa é insostible e non estamos falando dunha situación puntual senón da quebra do sistema.
O abandono e o desmantelamento total da asistencia primaria froito das políticas de recorte aplicadas polo Partido Popular non fai mais acrecentar os problemas de falta de espazo e persoal no Hospital da Costa. A saturación dos centros de saúde de primaria por sobrecarga de traballo nun persoal que fai o que pode, provoca listas de agarda e colapsos nas urxencias do Hospital da Costa que engade á falta de persoal a falta de espazo que seguirá sendo así despois de que o PP tombara onte no Parlamento as emendas da oposición para incrementar o gasto sanitario.
Para a Plataforma os recortes orzamentarios teñen un efecto multiplicador e en cadea e poñen o exemplo de pacientes ingresados no Hospital da Costa que agardan a implantación de marcapasos mentres non se desbloquea a saturación doutros centros hospitalarios preparados para aplicar estes tratamentos, a plataforma cualificou de inhumano que haxa xente conectada en Burela a marcapasos externos agardando a que se solucione a súa situación.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



