A maioría das vilas e cidades galegas superan os niveis de partículas en suspensión recomendados pola OMS.
Ao fío dun recente informe da OMS sobre o impacto da polución atmosférica na saúde que conclúe pedindo a UE que endureza a lexislación e estableza valores máis estritos para os contaminantes atmosféricos, ADEGA ven de analizar os resultados da contaminación por partículas nas vilas e cidades galegas durante o pasado ano. Os resultados amosan que as vilas galegas, malia a estaren dentro dos límites legais en canto a emisión de partículas (con algunhas excepcións), superan ampla e maioritariamente os valores recomendados pola OMS para a protección da saúde. A que esperan pois as administracións para ir tomando medidas? pdfAvance informe PARTÍCULAS 2012 (Ramón Varela Díaz)
A Organización Mundial da Saúde (OMS) acaba de facer público un informe no que recomenda endurecer a lexislación anticontaminación. A Comisión Europea, tería que revisar os límites permitidos, para rebaixalos, en particular os valores límite de partículas en suspensión PM2,5. O contaminante con maior efecto na saúde seguen sendo as partículas en suspensión, en especial as finas e ultrafinas. Porén, o ozono e os óxidos de nitróxeno tamén afectan a mortalidade e morbilidade da poboación.
A lexislación europea permite una media anual de 25 ug/m3 (microgramos por metro cúbico) de PM2,5, mentres que la OMS xa no 2005 estableceu que o umbral de protección da saúde debía ser inferior a 10 ug/m3.
PM252012En Galiza, se ben os valores medios anuais están dentro da lexislación vixente, sí superan en varios casos os valores recomendados pola OMS (caso das estacións urbanas de A Coruña, Santiago e Marín), acontecendo ademais que os valores máximos son moi altos. Moitas cidades galegas (Ferrol, Lugo, Ourense, A Coruña…) non miden partículas PM2,5. En Santiago, por exemplo, só no inverno do 2012 eran 19 días os que superaban o máximo legal de 25 ug/m3 de media mensual, con máximas diarias de até 48,51 ug/m3. Os valores horarios oscilaban no inverno de 1 ug/m3 a un máximo de 74,17 ug/m3. Para Marín, 16 días dos 80 estudados amosaban medias diarias que superaban os 25 ug/m3. Laza presentaba 4 días con concentracións que superaban os 25 ug/m3.
Para as partículas maiores, PM10, os valores tampouco incumpren a normativa legal. Algunha media mensual (e mesmo anual sen decembro) está no límite ou supera o valor límite anual lexislado (40 ug/m3) , pero moitas -todas as que superan 20 ug/m3- están por riba dos valores recomendados pola OMS para a media anual.
Para ADEGA, a situación actual é preocupante: Con seguridade, estes niveis de partículas están tendo consecuencias na saúde. A PM10, ao inhalalas, poden depositarse nos condutos bronquiais e empeorar as patoloxías respiratorias. As partículas finas (PM2,5) chegan a depositarse nos alvéolos pulmonares, chegar ao torrente sanguíneo e ter implicacións cardiovasculares e cerebrais –ictus-. A OMS recoñece con total seguridade maior mortalidade e morbilidade por efecto das partículas en atmosfera.
Habida conta de que non se coñece un umbral por debaixo do cal as partículas resultan inofensivas, requírese un esforzo da Administración para que no futuro inmediato baixen os “picos de contaminación” e os valores das concentracións horarias, diarias e mensuais destes contaminantes. Habería que centrar os esforzos en rebaixar as emisións de industrias en xeral, minaría, construción, automóbiles nas cidades… especialmente en situacións meteorolóxicas adversas (anticiclónicas por exemplo). Cumpriría tamén reducir os incendios e as queimas controladas tanto no inverno como no resto do ano; incrementar o control sobre as calefaccións de gasoil e que cidades como A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo analicen diariamente as partículas finas e ultrafinas para ter un maior coñecemento da situación real.
A Xunta debería abandonar a compracencia e presionar á UE para que rebaixe os valores lexislados de diversos contaminantes atmosféricos, en particular as partículas PM10 e PM2,5 como demanda a OMS. Non pode acontecer que coma moitas outras veces, malia a demostrarse a perigosidade dun contaminante, sexamos os últimos en tomar medidas para protección efectiva da saúde.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



