O cinismo da Xunta coa Frouxeira: Declárana “humidal sensíbel” mentres a baleiran con excavadoras
Con motivo do “Día Mundial dos Humidais” celebrado esta pasado 2 de febreiro, a Xunta declarou 9 lagoas como “zonas sensibles” dentro do Plano Hidrolóxico Galiza-Costa, incidindo en que estes humidais, entre os que se atopa A Frouxeira, están segundo a Xunta “entre os ambientes máis ameazados pola drenaxe, a contaminación e a sobreexplotación dos seus recursos”. Porén, resulta bochornoso que en pleno inverno, o humidal da Frouxeira estea case sen auga, presentando unha marcada alteración do seu ciclo hidrolóxico, e que tal estado débase precisamente a que a D. X. de Conservación da Natureza abríu recentemente unha canle de desaugue con bulldózers e pás. Estas aperturas perpetradas á marxe da lei e reiteradamente denunciadas por ADEGA levaron á práctica desecación da lagoa en plena tempada de chuvias. Hai que ter cara para engadir outra figura de protección á Frouxeira cando a propia Xunta viola sistemáticamente as 4 xa existentes (LIC, ZEPA, ZEPVN, e Ramsar).
É indecente que a propia Consellería de Medio Ambiente declare agora a Frouxeira como unha “zona sensíbel” cando é a propia Consellería a que adica cartos públicos a abrir reiteradamente con maquinaria pesada este humidal para desecalo (eufemísticamente “baixar o nivel hidrolóxico”) sen ningún tipo de criterio ambiental, á marxe da lei e guiada só por intereses urbanísticos.
Resulta bochornoso que o Día dos Humidais o Sr. Conselleiro de Medio Ambiente diga que o máis importante dos humidais é a auga, mentres a súa D. X. de Conservación adícase a baleirar de auga a lagoa durante o inverno. Por qué non viñeron o Sres. Hernández e Borregón a celebrar o Día dos Humidais á Frouxeira? Cecais porque a lagoa non tiña auga, algo que semella importante nun humidal, e non podían soltar uns parrulos?
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza dí que abre a lagoa seguindo as indicacións dun suposto “Plano de Conservación do Humidal”, documento que non fixo público nen foi publicado no DOG, e portanto, de existir estariase aplicando á marxe da lei. É moi revelador que a ocultación deste documento por parte da D. X. de Conservación, incumprindo a lei de acceso á información ambiental, fixera que o Valedor, ao que acudíu ADEGA en demanda de amparo, admitira a trámite unha queixa contra a Xunta.
A Frouxeira non necesita que se lle declare nada máis do que é, un Humidal de Importancia Internacional, con 4 figuras máis de protección. Só precisa que se lle aplique a normativa ambiental vixente e que a Consellería deixe de actuar á marxe da lei no referente á conservación deste espazo. A situación creada neste humidal é un exemplo da incompetencia da Xunta, que semella querer en acabar cos valores naturais que levaron á protección desta área. É indignante contemplar como moitos labores da destrución e degradación de humidais e outros espazos protexidos, execútaos a propia administración e realízanse con cartos públicos.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



