A Ministra de Fomento, Ana Pastor, o Presidente de honra do PPdeG, Gerardo Fernández Albor ou o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, arrouparán o vindeiro sábado día 2 de marzo, en Burela, a José Manuel Barreiro, na súa reelección a Presidencia do PP de Lugo.
Entre os invitados ao conclave atópanse diversos políticos de tódalas cidades galegas así coma do Goberno Autonómico, coma a conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, o vicesecretario Xeral do PPdeG, Agustín Hernández, o secretario Xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, así coma o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, que cerrará o conclave.
Tamén acompañarán a José Manuel Barreiro na súa reelección a liderar o PP lucense, os presidentes provinciais e demáis autoridades do mundo empresarial e da pesca; tales coma o Presidente da construcción de Lugo, o secretario da asociación provincial de confrarías ou o delegado da Confederación de Empresarios en A Mariña, entre outros.
HORARIO
09.00 h: ACREDITACIÓNS.
10.15 h: BENVIDA DO PRESIDENTE LOCAL DO PP DE BURELA,JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ BARCIA.
10.20 h: CONSTITUCIÓN DO XVI CONGRESO E PROPOSTA DA MESA. APROBACIÓN. VOTACIÓN.
10.30 h: PROPOSTA DO REGULAMENTODO CONGRESO.APROBACIÓN. VOTACIÓN.
10.35 h: PONENCIA “UNHA APOSTA DECIDIDA POLO FUTURO DA NOSA PROVINCIA” RELATORIO: ISABEL GARCÍA PACÍN. DEBATE DE EMIENDAS E VOTACIÓN.
11.15 h: INFORME DE XESTIÓN. JOSÉ MANUEL BALSEIRO OROL. VOTACIÓN.
11.30 h: PRESENTACIÓN CANDIDATURAS.VOTACIÓN E ESCRUTINIO.
12.25 h: RESULTADO. PROCLAMACIÓN DA CANDIDATURA ELECTA.
12.30 h: INTERVENCIÓN PRESIDENTES PROVINCIAIS. A CORUÑA: CARLOS NEGREIRA SOUTO. OURENSE: JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO.
12.50 h: INTERVENCIÓN DA MINISTRA DE FOMENTO, ANA PASTOR.
13.00 h: INTERVENCIÓN PRESIDENTE ELECTO.
13.30 h: CLAUSURA POLO PRESIDENTE DO PP DE GALICIA, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



