O venres, 8 de febreiro, ás 19:00 horas no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, da comenzo o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Pau Sureda Torres, investigador do mundo fenicio no Mediterráneo, e que leva por título “O comercio e a navegación fenicia no Mediterráneo antigo”. Os relatorios deste ciclo, organizado por Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Máis información en www.museolugo.org
Conferencia no Museo do Mar
Conferencia no Museo do Mar
Relacionado
-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
-
O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu este sábado a IX Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia organizada por Faxpg.
-
Cervo celebrou este venres a primeira xornada do Festival de Narración Oral ‘De Cobo a Xunco!’