O Partido Popular reiterase na súa xordeira case alérxica perante a mínima crítica. Fíxoo hai poucos días por boca da presidenta do Parlamento de Galiza. Pilar Rojo logo de acuartelar o Pazo do Hórreo –expulsando da grada de convidados a estafados polo calote das preferentes– quixo elevar a norma a súa arbitrariedade antidemocrática, pretendendo establecer unha peneira interesada, censurando quen pode ou non acceder ao hemiciclo. Hai quen para alén de gobernaren contra o pobo queren seguir ao facer sen ter que aturaren a máis mínima verba de protesta ou o menor reproche das vítimas que padecen as súas accións e omisións. Democracia representativa, seica, na que os representantes suplantan o suxeito representado. Democracia formal (e cada vez menos) en parlamentiños de cartón pedra.
A Rojo vén de sumárselle Dolores de Cospedal. Se a primeira se escudaba na defensa da “dignidade parlamentar”, a segunda fixo bandeira dos “símbolos nacionais”. Isto é do Borbón e da marcha militar que o Reino de España ten por himno. Todo tras a asubiada inmensa que El-Rei tivo que escoitar na final da copa de baloncesto en Gasteiz, ademais dos berros de “fóra, fóra!”. Unha acción espontánea do público presente que a secretaria xeral do PP cualificou de “absolutamente reprobábel”, gastando con cinismo maior dureza na adxetivación que ao cualificar por exemplo o escándalo infame dos sobre-soldos do caso Bárcenas. Pero non quedou aí. Cospedal mesmo se atreveu a formular a necesidade de “sancionar dalgunha maneira” aqueles actos ou comportamentos que segundo ela “ofenden os símbolos de todos os españois”. Multas? Cárcere? Lei anti-apupos? U-lo respecto ao exercicio do dereito de libre expresión? U-la protección da liberdade de crenza e pensamento?
Quen reduce a democracia a un rito formal, á simulación da escolla electoral cada catro anos quer tamén agora negarnos a posibilidade de expresar libremente a nosa opinión, sobre todo se é de oposición ou rexeitamento, alén das urnas. Á ringleira dos dereitos civís cernados, das liberdades ilegalizadas, queren sumar unha nova prohibición. A de nos negar o dereito ao apupo.
Apupemos e que lles proa.
Xabier P. Igrexas















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



