HOXE REMATAN AS OBRAS DA SUBIDA A NOCEDA QUE REALIZA O CONCELLO CON CARGO AO PEIM DE 2010. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE SE TRATA DUNHA BOA NOVA PARA TODAS AS PERSOAS QUE TRANSITAN POR ESE VIAL.
Ribadeo, 21 de febreiro de 2013. Hoxe quedarán rematadas as obras da subida a Noceda que realiza o Concello con cargo ao PEIM do ano 2010, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “por fin estamos a executar o PEIM, o Plan de Infraestruturas do Medio Rural do 2010, que o estamos a executar no 2013 despois de que a Xunta se fora demorando en varias anualidades. Aínda que sexa tarde é unha boa nova para os veciños de Noceda e tamén para a moita xente que desde as parroquias costeiras se despraza ata as do interior, evitando dar unha grande volta pola vila de Ribadeo”.
Suárez Barcia indicou que “hoxe quedará rematada esta obra, que non chegará ata arriba de todo, dado que a magnitude económica era duns 72.000 euros e non nos alcanza para chegar ata toda esa zona. En todo caso nunha anualidade posterior noutro momento, cando poidamos, temos que rematar ben eses traballos con aglomerado asfáltico ata a parte alta”.
O alcalde ribadense considera que “obras coma estas feitas con aglomerado asfáltico duran moitos anos, é algo máis custoso que o rego asfáltico, pero no que ten que ver con estas vías importantes que unen a varias parroquias sempre é criterio do goberno municipal aplicar este tipo de material”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



