As categorías da base burelista aplicaranse a fondo esta fin de semana na dinámica competición de Deporte Escolar, con seis citas programadas para o sábado en cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.
A escola de Barreiros recibirá o Cadete A e o Alevín A laranxas, ás 12.15 e 13.15 horas. Vista Alegre acollerá do dobre duelo ante o Ribadeo FS co Cadete B (10.15) e o Alevín B (11.15), e o compromiso benxamín ante o Santiago de Foz (12.00). O Infantil A desprazarase a Viveiro (11.00), categoría que regresará o sábado pola tarde á bomboneira para recibir o EDM Verín en Liga Autonómica (16.00).
Na xornada dominical, o Burela FS visitará o Cidade de Narón (12.30) na Liga Nacional Xuvenil, dende a terceira praza (40 puntos), nunha fin de semana na que os dous primeiros da clasificación, Santiago Futsal (44) e Azkar Lugo (42), se verán as caras. Os máis pequenos tamén están citados para medirse ao Cidade de Viveiro en amigable (Vista Alegre, 10.30).
Liga Nacional Xuvenil
Cidade de Narón-Burela FS
Domingo 17 de febreiro, ás 12.30 horas, no Campo da Serra de Narón
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-EDM Verín
Sábado 16 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Deporte Escolar
EDM Barreiros Cadete-Burela FS Cadete A
Sábado 16 de febreiro, ás 12.15 horas, no pavillón de San Cosme de Barreiros
Burela FS Cadete B-Ribadeo FS Cadete
Sábado 16 de febreiro, ás 10.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Cidade de Viveiro Infantil-ED EON Burela FS Infantil A
Sábado 16 de febreiro, ás 11.00 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro
EDM Barreiros Alevín-ED EON Burela FS Alevín A
Sábado 16 de febreiro, ás 13.15 horas, no pavillón de San Cosme de Barreiros
ED EON Burela FS Alevín B-Ribadeo FS Alevín
Sábado 16 de febreiro, ás 11.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Benxamín-AD Santiago de Foz Benxamín B
Sábado 16 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigables
ED EON Burela FS Prebenxamín-Cidade de Viveiro Prebenxamín
Domingo 17 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
