O ALCALDE DE FOZ DESTACA A PARTICIPACIÓN E A MULTITUDINARIA PRESENCIA DE PÚBLICO NO DÍA GRANDE DO ANTROIDO, CELEBRADO O SÁBADO. OS ACTOS CONTINÚAN HOXE, MAÑÁ E REMATARÁN O VENRES COA QUEIMA.
Foz, 11 de febreiro de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, destacou hoxe a elevada participación e a multitudinaria presenza de público no desfile de Antroido celebrado o pasado sábado, que foi o día grande destes festexos na vila focense. Os actos continuarán hoxe, luns; mañá, martes, e o venres, cando rematarán coa Queima do Antroido.
Javier Castiñeira fixo unha valoración do desfile do Antroido en Foz “moi positiva por parte do equipo de goberno” e felicitou “a todos aqueles que participaron neste desfile multitudinario, a todos aqueles que viñeron e desfrutaron tamén do propio desfile, pero por suposto a todos os que participaron na organización, moi particularmente a Susito Castiñeira, que foi un dos grandes colaboradores; tamén a Pili López, aos responsables de Xuventude e de Obras e moi particularmente tamén a Protección Civil de Foz e de Barreiros, que colaboraron de forma excepcional en organizar este marabilloso desfile.
O rexedor municipal destacou que “o resultado foi que houbo máis de mil participantes e un día espléndido, polo todos estamos moi contentos xa que foi un éxito en participación, en calidade e en imaxinación. Tamén houbo un baile espléndido, con moitísima xente e hai que dar os parabéns aos premiados e tamén a todos aqueles que participaron e non tiveron premio, porque o premio de verdade é desfilar diante de tanto público”.
Castiñeira deu as grazas “a todos aqueles que participaron, aos que estiveron en Foz e por suposto tamén aos patrocinadores deste grandísimo evento do Concello”.
Pero os actos do Antroido focense continúan. “Hoxe, luns, ás dez da noite haberá o baile do faroliño amenizado polo grupo Fénix e por un dj e para os rapaces mañá, martes, día 12, ás cinco da tarde terá lugar o baile organizado pola asociación de amas de casa e amenizado polo grupo Diamantes. E rematará, como todos os anos, o venres, día 15 de febreiro, ás dez da noite, coa saída da comitiva fúnebre dende o Campo da Cabana ata o peirao para a Queima do Antroido, que o ano pasado tamén estivo moi concorrida e alí esperemos que nos vexamos todos os carnavaleiros para despedir estes marabillosos carnavales do concello”.



















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



