O presidente da Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico, José Luis Moñita Martín, lamenta que a edil de Facenda do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, “non se decate de nada”.
“Nas miñas declaracións que parecen mancar a edil, denunciei como presidente da Plataforma un feito que consideramos gravísimo, que un alcalde dun concello recoñeza que en novembro de 2009 non estaban aínda signados os contratos eléctricos que tiñan obriga de estar no mercado libre en xullo de 2009, xa que iso significa que se estaba a pagar neses intres un 10 % de penalización. Aproveito para dicir o que non dixen nese momento, que a contía da penalización ten que ser moi superior ao que di o concello, e segundo a miña experiencia será superior aos 30.000 €. Do mesmo modo reprobo a actuación de Eon Enerxía que non mostrou interese en regularizar dita situación como fixo cos clientes particulares. Tal vez pense a edil que os veciños de Cervo non teñen dereito a saber a verdade, tratándose de cartos públicos.
En ningún momento da miña declaración defendín a posición da Deputación nin lle quitei razón ao señor Villares na súa reclamación. Creo que Yolanda Pedreira non foi capaz de captar esta mensaxe.
Véxome na obriga de recordarlle a esta edil que as mocións da plataforma e as charlas da mesma foron ata agora dá man de grupos tan diversos como IVI de Viveiro, Radio Foz que depende do Concello de Foz en mans do PP, asociación de veciños de Cangas, Unifoz, Psoe de Cervo, asociacións de comerciantes, asociacións de veciños de Barreiros, asociación de veciños de Marzán, Bng, etc.
Dentro da plataforma, a cal recórdolle é apolítica, existen socios con distintas ideoloxías e moitos deles son simpatizantes da formación na que vostede milita, e ata agora os únicos que se partiron o peito para defender os seus dereitos e intereses neste sector fomos a Plataforma. Lamento profundamente que esta edil que fala marabillas da plataforma e da súa labor de asesoramento non sexa socia da mesma e que ata agora non asistiu a ningunha charla da mesma, polo que entendo que novamente non sabe do que fala.
Si a señora Yolanda Pedreira fose a algunha charla vería como dende a plataforma denunciamos os postos que ocupan nas compañías eléctricas xente tan relevante coma Mª Angeles Amador, Josep Borrel, Miguel Boyer, Felipe González, Elena Salgado ou o propio Pedro Solbes. Creo que isto non deixa dúbida da nosa pouca afinidade coa política, polo que de novo a edil non se decata de nada. Loxicamente tamén damos caña aos mesmos casos de xente da súa afiliación política e doutras.
Quero entender que esta plataforma esta a crecer de forma significativa e está a facer moi ben as cousas e que polo tanto empeza a ser “preocupante” para xente coma vostede, pero non ten porque preocuparse pola miña carreira política xa que a día de hoxe non teño ningún interese, e menos aínda na concellaría de facenda de Cervo.
Respecto ao pleno do Concello de Cervo creo que a edil tampouco se enterou de moito xa que a única persoa asistente como público a devandito pleno fun eu, e estaba alí en calidade de presidente da plataforma da cal íase a aprobar unha moción. Eu chámolle responsabilidade, vostede carreira política ou asesoramento á oposición. Entendo, ao tenor da súa intervención en dito pleno que non leva moito tempo nisto ou o disimula moi ben, e espero de corazón que para os números do concello, como edil de facenda, se decate de mais , novamente polo ben dous veciños de Cervo. Eu no posto de Villares estaría preocupado.
Para rematar e polo ben da súa carreira política aconséllolle que cando fale de algo estea vostede ben informada do tema, porque ata agora vina no pleno do concello e agora na prensa, e vexo que ten moito que mellorar. Deséxolle que aproveite ese amplo marxe de mellora.”